Saltar navegación.
Inicio

INTERVENCIÓNS NO PATIO

Como en cursos anteriores, continuamos a realizar intervencións no patio que melloren o clima e o entorno deste espazo social por excelencia e como lugar onde o alumnado poida adquirir un estilo de vida activo.

Houbo torneos de distintos deportes e distribución de espazos diferentes onde poder practicar actividades moi diversas, ou ben competindo ou simplemente polo pracer de xogar por xogar. Así puidose facer baloncesto, fútbol, voleibol, bolos celtas, tenis de mesa... Pero este ano hai que destacar o gran éxito do tenis de mesa, sobre todo entre o alumnado de 1º da ESO, polo que se adquiriu unha nova mesa pois estaban moi solicitadas.

Por outra banda comezouse a facer un traballo de detección de puntos fortes e febles do noso patio, para que a medio longo prazo se vaian facendo microintevencións e melloras no mesmo.

Realizouse unha enquisa ao alumnado de 1º da ESO, que fixo unha radiografía da súa percepción deste espazo.

Comezouse a realizar unha proxección en planos do espazo, para facer un diagnóstico, dos usos, percorridos,... coa inestimable axuda da profesora Raquel.

E un pequeno grupo de profesores (Lurdes, Eduardo, Raquel e Adela) están iniciando o traballo antes mencionado, para no próximo curso poder empezar cun proceso de cocreación no que a comunidade educativa poida participar. Esperemos continuar con suficientes folgos.