Saltar navegación.
Inicio

O ALUMNADO DE 1º DA ESO PARTICIPOU NA VII CONVOCATORIA DE EDUCACIÓN FÍSICA NA RÚA.

Este ano participamos na VII convocatoria "Educación física na rúa", organizado polo consello xeral, dos COLEF (colexios profesionais de educación física)  baixo o lema " Estilo de vida activo para todos/as e para sempre". No que participaron arredor de 33000 alumnos/as de 300 centros educativos de distintos puntos da xeografía española.

O obxectivo foi amosar o traballo que se fai nas clases de educación física actualmente e lembrar a importancia dun estilo de vida activo. 

Contra vento e marea. Fixemos a clase nun entorno coma sempre inmellorable, en Praia América, onde o vento foi o invitado especial. Camiñamos, xogamos ao béisbol, as palas, ao voleibol, ao frisbee, ao diábolo, e disfrutamos da actividade física ao máximo.

Se queres ver máis imaxes desta xornada CLICA AQUÍ