Saltar navegación.
Inicio

CASTELAO en Pontevedra

 

O 9 de maio tivemos a oportunidade de visitar o Museo Provincial, coas salas dedicadas a Castelao, así como realizarmos un roteiro por Pontevedra, nunha xornada de saída organizada polo centro para 4º da ESO. (AQUÍ FOTOS)

A visita comezou coa saída do instituto xa na mañá do xoves ás nove. Cando chegamos dividímonos en dous grupos, un  ía ao museo e o outro cun guía que nos esperaba xa para facer unha pequena ruta por Pontevedra. O guía mostrounos varios monumentos, rúas e prazas importantes da zona. Aínda que xa estiven en Pontevedra, foron varias as cousas que me impresionaron, como o feito de que aínda se conservase a antiga entrada da muralla que rodeaba a Boa Vila. Agora era a entrada dunha igrexa entre outras cousas.

Cando rematamos a pequena ruta achegámonos ao museo para intercambiar co outro grupo, pero antes fixemos unha parada para merendar e descansar un pouco antes de entrar no museo. O que máis me gustou da visita ao museo foi que puidemos ver as obras reais de Castelao e como estaban pintadas e representadas. Impresionoume a facilidade que tiña para debuxar e pintar coas técnicas que empregaba daquela, tanto nos seus debuxos como nos seus escritos, que reflicten a cultura galega. Ademais, a forma da organización do museo facilita a comprensión do contexto histórico e cultural no que viviu. Gustoume coñecer a importancia da nosa cultura e identidade, así como o papel de artistas como Castelao. Tamén axudou moito a explicación da profesor e o exame que houbo uns días antes de ir de excursión para entender mellor a Castelao. A guía do museo contouno moi por riba as explicacións dos debuxos. Para mellorar, poderíanse incorporar algunhas actividades que impliquen máis ao visitante, para facer a experiencia máis dinámica e participativa para estar máis atentos.

Persoalmente impresionoume o compromiso que ten Castelao polo seu país, xa que me pareceu moi importante e tamén porque aprendín cousas novas de Pontevedra que descoñecía. Gustoume mirar as obras reais de Castelao e como estaban expostas no museo.

Hugo Fernández Carrera 4.PDC