Saltar navegación.
Inicio

SEMANA DE INTERCAMBIO CON SAINT BRIEUC

Para ver esta semana en imaxes CLICA AQUÍ

18 estudantes de bacharelato procedentes do Instituto Rabelais da localidade de Saint-Brieuc, acompañados dos seus profesores de Lingua Castelá e Historia, visitaron o IES Val Miñor no marco dun intercambio escolar asociado ao Programa EduFrance da Consellería de Educación. Acompañáronnos durante unha semana nas nosas actividades escolares e saídas pedagóxicas. As familias do noso alumnado aloxounos e acolleunos nos seus fogares. O alumnado Bretón tivo a ocasión non soamente de asistir a clases co alumnado nigranense senon tamén, de visitar Santiago de Compostela, o Mosteiro de Oia, o Monte de Santa Tegra, a festa da Reconquista, Baiona navegando pola súa Baía e coñecendo puntos de interés coma  a carabela Pinta, ademáis de ser recibidos no concello de Nigrán, polo seu alcalde e a concellala de educación.