Saltar navegación.
Inicio

Día de Rosalía no Concello

Día de Rosalía

O día de Rosalía compartimos festa no auditorio do Concello o alumnado do Escolas Proval xunto coa nosa rapazada de 3ºESO. Xuntos vimos a curtametraxe A Rosa incandescente para despois celebrarmos a nosa autora máis universal como cómpre: recitando e cantando.

O noso alumnado de oratoria preparou unha Alborada de seu, co arranxo musical de Leo (batería), Xián (pandeireta) e Mesay (piano) acompañando as voces de toda a clase. Ademais, tivemos a catro veciños que se uniron a esta homenaxe recitando cadanseu poema dos cantares gallegos e Follas novas. Finalmente, o alumnado de 3º e 4ºESO de Escolas Proval realizou tamén a súa declamación colectiva (club de poesía), cantou a capela o "Adiós ríos" e fixo a súa versión musical do "Xan". A nosa actuación, xunto coas imaxes das actividades, podedes visualizalas no vídeo.

Foi unha xornada de homenaxe colectiva e memorable para aquela que falou por todas nós para racharmos de vez co silencio.