Saltar navegación.
Inicio

PROGRAMA EDUREFERENTES NO IES VAL MIÑOR PARA O ALUMNADO DE 2ºC-ESO

Hoxe, 9 de xaneiro de 2024 demos comezo ao programa Edureferentes no grupo de 2ºC-ESO.Este proxecto ten como finalidade achegar ao alumnado información e acompañamento para facilitar o seu coñecemento sobre o mundo laboral, desde unha perspectiva de xénero.
Para acadar esa finalidade, levaránse a cabo 3 actuacións concretas:

1-charlas informativas
coas que achegar ás aulas a realidade laboral coa colaboración
de mulleres galegas, Referentes en distintos ámbitos laborais/profesionais.

2- Sesións de mentoría individualizada nas que mulleres mentoras acompañarán a 5
alumnos e alumnas de cada centro educativo no seu proceso de orientación vocacional.

3- Obradoiros de Softskills e creatividade
para potenciar as habilidades e competencias
persoais e laborais dun grupo de 25 alumnos e alumnas.