Saltar navegación.
Inicio

MAGOSTO 2023

(Clica para ver as fotos e vídeo) Polo san Martiño trompos ao camiño e pola santa Olaia, trompos á borralla. O venres 10 de novembro celebrouse o magosto no centro. O asado de castañas e os xogos populares, fixeron do día, unha xornada chea de risas, movemento, interacción, olor a castañas, participación, convivencia, que crearon un ambiente cálido e distendido, onde nos transportamos ás tradicións do outono. Faltaba o veraniño de san Martiño, pero se chove que chova. 

Como non podía ser doutra forma, entregáronse saborosos agasallos para os gañadores dos distintos xogos e do certame de Samaín.