Saltar navegación.
Inicio

DATAS E HORARIOS DE ENTREGA DOS LIBROS DO BANCO DE LIBROS DA ANPA

Benqueridas familias:

A vindeira semana, a ANPA fará entrega dos libros do seu  BANCO DE LIBROS.

As quendas para a recollida serán as que seguen: 

  • Martes, 19 de setembro, de 18:00h. a 19:30h.:   Cursos de 1º e 2º de ESO 
  • Martes, 19 de setembro, de 19:30h. a 21:00h.:   Cursos de 3º e 4º de ESO
  • Mércores 20 de setembro, de 19:00h. a 20:30h.:  Cursos de Bacharelato

 As familias con fillos/as en distintos niveis poderán recoller os libros en calquera das quendas que lles correspondan.

 É imprescindible que os libros sexan recollidos por algún dos proxenitores ou dos titores legais do alumnado.

 A entrega realizarase na biblioteca do instituto.