Saltar navegación.
Inicio

UN NOBEL DE ECONOMÍA, PAUL KRUGMAN, ASINA O SEU LIBRO PARA O IES VAL MIÑOR

AUTÓGRAFO DE KRUGMAN de M Xose

Co gallo da celebración da Vigo Global Summit os días 28 e 29 de xuño, o profesorado do Departamento de Economía puido desfrutar das reflexións de ponentes tan relevantes coma Paul Krugman, todo un premio Nobel. Dende o New York Times son famosos os artigos de critica ás políticas de recortes na UE na crise de 2009 e cuestiona as solucións neoliberais. 

Neste momento o foco de interese está no control de prezos e cuestionou na conferencia as políticas de subas de tipos coma única solución para os mesmos. Propón política fiscal, pero un sistema impositivo común é precisamente a ferramenta da que carece a UE.