Saltar navegación.
Inicio

VIAXE A LISBOA

LISBOA

O alumnado de 1⁰ de Bacharelato fixemos unha viaxe cultural a Lisboa os días 20, 21, 22 e 23 de marzo. Alí visitamos cantidade de sitios: desde o Palácio da Ajuda até a visita ós Museos do Azulejo, do Coche ou de Arte contemporánea. Fomos tamén ó Mosteiro dos Jerónimos, á torre de Belém, ó Castelo de São Jorge e ó Oceanario de Lisboa. Nas horas libres visitamos a cidade pola nosa conta, perdéndonos entre as rúas, montando nos tranvías, comendo natas, falando o noso portugués macarrónico e, sobre todo, pasándoo ben e coñecéndonos mellor fóra das aulas. Foi unha viaxe memorable, o tempo estivo do noso lado, o que fixo posible que puidésemos disfrutar, e nós aproveitámolo ó máximo.

AdxuntoTamaño
IMG-2.jpeg888.87 KB
IMG_20230323_122924.jpg5.85 MB
IMG-20230428-WA0008.jpg221.72 KB