Saltar navegación.
Inicio

Visita a Sanabria e ó Caurel

O alumnado de 4º de ESO da materia de Bioloxía e Xeoloxía realizou unha visita didáctica ó Centro de interpretación do lobo ibérico “Félix Rodríguez de la Fuente” no munipio de Robledo (Zamora) e ó Xeoparque Mundial da UNESCO “Montañas do Caurel”, unha visita que se celebrou entre o 16 e o 18 de marzo.

A primeira noite pernoctamos nas inmediacións do lago de Sanabria. Pola mañá disfrutamos das impresionantes vistas sobre o lago, o maior lago de orixe glaciar de España. A pesar do mal tempo puidemos facer unha parada no lago para falar da súa orixe a partir do último periodo glaciar (glaciación do Würm) que finalizou hai un 18.000 anos.

Despois desta breve parada dirixímonos ó Centro de interpretación do lobo ibérico “Félix Rodríguez de la Fuente” en Robledo. Alí fixemos unha visita guiada ás instalación do centro e aprendemos as prinipais características da bioloxía e ecoloxía do lobo ibérico (Canis lupus signatus). O lobo estaba considerado unha especie cinexética ata o 21/09/2021 cando foi incluido no Listado de Especies Silvestres en Réxime de Protección Especial (LESPRE), polo que hoxe o lobo é unha especie protexida e todos temos a obriga de protexela e conservala a pesar dos aínda numerosos casos de caza furtiva e polo tanto ilegal. No centro de interpretación os exemplares de lobo proceden de accidentes, tenza en cautividade polo que ao non poder ser devoltos ó medio natural forman parte dun importante programa de sensibilización e educación ambiental.

 

Reamatada a visita ó centro de interpretación dirixímonos a Quiroga (Lugo) onde visitamos o Museo de Xeoloxía. Unha instalación moi ben coidada e recentemente ampliada onde se mostra a historia xeolóxica das montañas do Caurel a través de minerais, rochas, paneis, maquetas e fósiles. Un verdadeiro luxo para unha vila tan pequeña e que sempre nos suscita o desexo de que ogallá os valores xeolóxicos do Val de Miñor contaran cunha instalación parecida.

 

Pernoctamos en Folgoso do Caurel en pleno corazón das montañas do Caurel. Ó día seguinte realizamos unha visita guiada por Guillermo Díaz un profundo coñecedor desta contorna. Camiño da pequeniña poboación de Seceda visitamos o Castro da Torre, un de tantos castros dunha época na que os romanos explotaban as abundantes minas de ouro e ferro.

 

Desgraciadamente a paisaxe das montañas do Caurel estaban asoladas polos lumes deste pasado verán, onde arderon 100.000 ha.

 

Nas inmediacións de Seceda fixemos unha pequeña ruta para ver alguna albariza (construcción para protexer as colmeas do oso) e a frondosa vexetación indicadora dunha alta calidade ambiental do aire.

 

Pola tarde subimos ó castro de Seceda que aínda sen excavar permite recoñecer a estructura característica destes poboados, foxos, murallas, pedras finxadas, vivendas….

 

Esta saída forma parte das actividades didácticas do departamento e realizouse ó abeiro do proxecto “RENAT, REconectate coa NATureza” dentro do programa Proxecta na liña de sustentabilidade e paisaxe. O alumnado estivo acompañado polos Profesores do Departamento de Bioloxía e Xeoloxía, Cristina Suárez e Juan Hermida.

Se queres ver máis fotografía da saída fai click AQUÍ