Saltar navegación.
Inicio

HORARIO DE ENTREGA DE NOTAS

2º BACH recibirá as notas da convocatoria extraordinaria a través de abalarMóbil o 23 de xuño (días de reclamacións, 26 e 27 de xuño), e en formato papel virán a recollelas o martes 27 ás 9:00. Momento no que ademais haberá unha reunión importante con Andrés, para explicar como se fai a tramitación do título e daranse as últimas indicacións para aqueles que vaian ás probas extraordinarias ABAU (O 27 e 28 son os días de prematrícula para as ABAU). A esa mesma hora, tamén se entregarán os historiais académicos. 

O venres 23 de xuño no seguinte horario, o alumnado recollerá os seus boletíns de notas e sobres de matrícula e deberán devolverse os libros de texto dos cursos pares pertencentes ao fondo de libros do centro. Asemade o alumnado de 4º ESO que titule ou abandone o centro terá que entregar o ordenador Abalar (deberá vir o pai/nai ou titor legal a facer esta entrega pois é necesaria a súa sinatura).

HORA

CURSO

9:30-10:30

1º BACH

10:30-11:30

3º ESO

11:30-12:30

4º ESO

12:30-13:30

2º ESO

13:30-14:10

1º ESO

AdxuntoTamaño
devolucion_ordenador_4ESO.pdf81.78 KB