Saltar navegación.
Inicio

QUENDAS DE MATRÍCULA DO 3 AO 7 DE XULLO. HORARIO DE VERÁN DE 9:00 A 13:30. LISTAXE DE LIBROS DE TEXTO.

As quendas de matrícula terán lugar do 3 ao 7 de xullo. O alumnado dos centros adscritos recibirá o SOBRE DE MATRÍCULA no seu centro de primaria e terá que achegarse con el cuberto o día que lle corresponde . O alumnado do centro, recibirá o día de entrega de notas o sobre de matrícula. O día de entrega de notas tamén será o día de ENTREGA DOS LIBROS DE TEXTO, e para o alumnado que titule de 4º ESO ou se vaia do centro, terá que devolver o ORDENADOR EDIXGAL (á entrega terá que vir un dos pais para asinar un documento).

Os alumnos que no curso 2022-2023 non estiveran matriculados neste centro e foron admitidos durante o proceso de admisión deben esperar a ser avaliados no seu centro. Unha vez que saiban que promocionan, deben solicitar un certificado académico (non é válido o boletín de notas) e recomendámosvos recoller na conserxería do IES Val Miñor o SOBRE DE MATRÍCULA. Dispoñedes tamén na páxina web do centro dos documentos que precisaredes.

QUENDAS EN HORARIO DE VERÁN DE 9:00 A 13:30 :

3 XULLO 4º ESO

4 XULLO 3º ESO

5 XULLO 1º e 2º ESO

6 XULLO 1º BACH

7 XULLO 2º BACH

NO CASO DE TER IRMÁNS poderá facerse o procedemento de matrícula o mesmo día (elixan unha das quendas que corresponda a algún dos irmáns).

A partir de 3º ESO hai que pagar o seguro escolar, que ascende á cantidade de 1,12 euros. Poderá pagarse no propio centro o día da matrícula ou no seguinte número de conta, indicando no concepto o nome e apelidos do alumno ademais do curso no que se matricula. Nº DE CONTA: ES18 2080 5052 1630 4000 4559 

LIBROS DE TEXTO PARA O CURSO 2023-24 CLICA  Aclaración en 4º ESO, Matemáticas A correspóndese coa asignatura Matemáticas aplicadas e Matemáticas B coa asignatura Matemáticas académicas.

A ANPA do centro está poñendo en funcionamento un banco de libros e para coñecer o seu funcionamento podes atopar información nas seguintes circulares:

Información para o alumnado que cursará 1º ESO clica

Información do funcionamento do banco de libros clica

Ficha para facerse socio/a da ANPA clica

Este ano o banco de libros vai a dotar de libros aos cursos pares e faise o seguinte aviso por parte da ANPA "As familias que no actual curso escolar teñades os vosos fillo/as escolarizados nos cursos impares podedes, se queredes, doar á ANPA os seus libros de texto, por cada libro doado recibiredes en empréstito un libro do curso 2023-2024 de balde" Xa se explicará como facer esta doazón.

AdxuntoTamaño
Autorizacion_Actividades_Compl_Extr.pdf83.98 KB
AnexoIII_2_ESO.pdf363.14 KB
AnexoIII_3_Bach.pdf977.91 KB
Autorización uso datos persoais_alerta.pdf648.36 KB
devolucion_ordenador_4ESO.pdf81.7 KB
1_ Bacharelato_CIENCIAS.pdf404.13 KB
1_Bacharelato_ CCSS_HUM.pdf330.83 KB
1_3_ESO.pdf98.62 KB
CURSOS_PARES.pdf171.33 KB
ANPA_BANCO_LIBROS.pdf189.3 KB
ANPA_BANCO_LIBROS_ALUMNADO_1ESO (2).pdf94.74 KB
transporte_escolarESO.pdf122.67 KB
ANPA_FICHA_SOCIOS.pdf689.56 KB
Libros_texto_2023_24_paxweb.pdf203.41 KB