Saltar navegación.
Inicio

Eliminación de especies invasoras no complexo dunar de Nigrán

Alumnado de 4 ESO da materia de Bioloxía e Xeoloxía participa nunha xornada de eliminación de plantas invasoras no complexo dunar de Nigrán. Como ven sendo habitual nos últimos anos, a actividade foi organizada polo Dpto. de Bioloxía e Xeoloxía en colaboración co concello de Nigrán e estivo monitorizada polo profesorado do Dpto. Elvira Blanco e Juan Hermida.

As dunas litorais conforman un dos ecosistemas que figuran na directiva Hábitat da Unión Europea (Directiva 92/43/CEE) que obriga ós estados membros á súa protacción e conservación. Por este motivo o complexo dunar de Nigrán foi obxecto dunplan de recuperación nos últimos anos e mesmo foi proposto como un Espazo Natural de Interés Local (ENIL) polo concello de Nigrán, ainda que esta figura de protección está pendente de ser aprobada pola Xunta de galicia.

O ecosistema dunar de Nigrán está sometido a unha gran presión antrópica que causou a desaparición de especies tan importantes como a píllara das dunas (Chraradrius alexandrinus).

     Píllara das dunas (Charadrius alexandrinus)

Esta ave limícola que pon os seus ovos diractamente na area deixou de atopar en Nigrán un lugar axeitado para a súa reproducción, principalmente por aletración e destrucción do seu hábitat, a presencia masiva de persoas e de cans soltos que lle causan situación de estrés e mesmo depredan os seus niños.

Outra importante ameaza que sofre este ecosistema é a presencia de especies invasoras que causasn a desaparición da biodiversidade autóctona. As tres especies vexetais invasoras máis frecuentes son a margarida africana (Arctotheca calendula), Conyza canadensis e o plumeiro da pampa (Cortaderia selloana).

     Margarida africana (Arctotheca calendula)

É importante realizar a eliminación destas especies antes de que diseminen as súas sementes, evitando así que o problema se multiplique no futuro.

Nesta actividade puidemos comprobar como despois de sucesivos anos elimnando estas especies, a súa presencia víuse moi dimuída no complexo dunar o que confirma a necesidade de seguir actuando na súa eliminación.

Con esta actividade que se desnvolve dentro do programa de Paisaxe e Sustentabilidade do Plan Proxecta, o Dpto. de Bioloxía e Xeoloxía pretende concienciar ó alumnado da necesidade de involucrarse neste tipo de actividades co fin de conservar os espacios naturais da nosa contorna.

Podes ver todas as fotos pinchando AQUÍ.