Saltar navegación.
Inicio

Contrato Programa

INTERVENCIÓNS REALIZADAS NO CENTRO COA FINANCIACIÓN DO CONTRATO PROGRAMA

Durante o período desta pandemia, estanse a realizar intervencións previstas a conta dos orzamentos recibidos do contrato programa. Esperemos que cando se retome a nova normalidade o centro continúe ofrecendo novas posibilidades de interacción social e mellorando a súa contorna.

Vaise a poñer un novo valado nas pistas, que estaba moi deteriorado. Fíxose unha nova zona de actividade física, o parque de calistenia. E realizouse resembrado de zonas que estaban bastante deterioradas para mellorar a paisaxe.

O CONTRATO PROGRAMA 2019-20 ESTÁ COFINANCIADO CO FONDO SOCIAL EUROPEO

   

Na resolución definitiva pola que se fai pública a relación de centros con programas seleccionados, conforme o disposto no artigo 13 da Resolución do 7 de outubro de 2019, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se regulan os contratos-programa e se establecen as bases para a convocatoria e selección de plans dirixidos á mellora do éxito escolar nos centros docentes públicos de educación infantil, primaria e secundaria dependentes da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional para o curso 2019/20. O IES Val Miñor foi seleccionado.

A BIBLIOTECA AMPLÍA A SÚA OFERTA COAS PARTIDAS DE XADREZ.

 A biblioteca, como centro creativo das aprendizaxes, amplía a súa oferta coa actividade do xadrez.

COMEZAMOS O OBRADOIRO DE RAP.

Este luns, 2 de marzo, comezamos o obradoiro de RAP. Temos como obxectivos finais: ser capaces de gravar e producir unha canción propia, gravar un videoclip entre varios dos compoñentes do obradoiro e realización dun evento en directo ao finalizar o programa.

O ALUMNADO DE 1º DE BACHARELATO VISITA A UNIVERSIDADE DE VIGO

O alumnado de 1º de bacharelato visitou as distintas facultades da Universidade de Vigo.

ANA MOURE, DA FUNDACIÓN MENELA, FALALLE AO ALUMNADO DE 2º DE ESO DO TRASTORNO DE ESPECTRO AUTISTA.

Ao alumnado de 2º de ESO falouselle hoxe do trastorno de espectro autista (TEA). A nosa intención coa charla era informalos, formalos e concienzalos/as sobre como deben actuar con estes rapaces, como entender os seus comportamentos e como poñerse no seu lugar. Ana Moure, da Fundación Menela, mostroulle  estes aspectos e deulle unha serie de orientacións para actuar. Só nos queda que todos os poñan en práctica.

O ALUMNADO DE 1º DE BACHARELATO MATRICULADO EN BIOLOXÍA E XEOLOXÍA APADRIÑA A PENÍNSULA DE MONTEFERRO.

 Os alumnos e alumnas de 1º de bacharelato matriculados na materia de Bioloxía e Xeoloxía sumáronse ao programa Apadriña unha rocha do Instituto Xeolóxico e Mineiro de España, que promove a conservación e seguimento do patrimonio natural.

Distribuir contido