Saltar navegación.
Inicio

Actividades Dinamización

Nadal Val Miñor-Departamento Francés

O Departamento de Francés colaborou coma empre na decoración navideña e preparou unhas fermosas postais en francés: JOYEUX NOËL!!!!!!

25 N no IES Val Miñor

Obra de  Lucía Arévalo e Elías Gallego alumnos de Arte en 1º de Bacharelato

800 aniversario do nacemento de Afonso X O Sabio

O 23 de novembro cumpríronse 800 anos do nacemento de Afonso X O Sabio. Queremos lembrar que escolleu o galaicoportugués como a lingua culta para a súa obra, tanto satítica coma para as fermosas Cantigas de Santa María.

ACTUALIDADE: PODEREMOS CONSULTAR LIBREMENTE DENDE XUÑO 2021 A EDICIÓN DAS CANTIGAS CUSTODIADAS POR PATRIMONIO NACIONAL!

https://academia.gal/-/a-real-academia-galega-congrat-c3-balase-pola-dif...

Aniversario publicación Revista Nós

O 30 de outubro cumpriuse o centenario la publicación do primeiro número da revista Nós. O equipo de dinamización puxo no recibidor do centro a copia dese primeiro número que, co gallo da celebración, viña anexa na prensa do día.

Día das Letras Galegas 2020 : Ricardo Carvalho Calero

                          Xogo letras 2020 (para primeiro ciclo da ESO) , clica aquí : Xogo

                           Xogo (para segundo ciclo da ESO e Bacharelato), clica aquí: Xogo

ROSALÍA DE CASTRO: ESCRITORA E DEFENSORA DOS DEREITOS DA MULLER

Este ano celebraremos o Día de Rosalía, relacionándoo co 8M. Destacaremos os aspectos feministas da súa obra e biografía.

A profe Bea (Dpto de Galego) está a facer murais cos rapaces de 1º da ESO para celebrar o día de Rosalía.

A profe Liliana (Dpto de Plástica) elaborou un caligrama.

O Dpto de Galego organizou unha lectura da súa obra.

A profe Carla (Dpto de Matemáticas) maquetou o vídeo con todo o material. Ese vídeo subirase nunha entrada posterior.

Un pracer traballarmos coordinados con tantos departamentos nesta celebración!

SEMANA DA MULLER E DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO

NO VAL MIÑOR TRABALLAMOS POR PROXECTOS. O DEPARTAMENTO DE FRANCÉS, GALEGO,  PLÁSTICA E MATEMÁTICAS ELABORARON MATERIAIS PARA A CELEBRACIÓN DO DÍA DA MULLER XUNTO DO DÍA DE ROSALÍA.

Distribuir contido