Saltar navegación.
Inicio

Curso 2023-24

CONCERTO DO ALUMNADO DE 1º BACHARELATO MATRICULADO EN LINGUAXE E PRÁCTICA MUSICAL CO ALUMNADO DO CENTRO JUAN MARÍA.

Hoxe, 19 de decembro de 2023, tivo lugar o primeiro concerto musical entre os centros IES Val Miñor e o Centro Juan María de Nigrán.

Queremos felicitar ao alumnado de 1º de ESO matriculado en linguaxe e práctica musical do IES e, especialmente  a Iago e André do Centro Juan María polo seu bo facer.

O ALUMNADO DE 1º DE ESO CELEBRA O DÍA INTERNACIONAL DA DISCAPACIDADE.

 O alumnado de 1º de ESO celebrou o 4 de decembro o día internacional da discapacidade con alumnado de outros centros de Nigrán no pavillón de deportes baixo o lema: " Diferentemente iguais". O grupo de teatro Xermola coa colaboración dos alumnos e alumnas do CEE Juan María representou o conto "todos menos un". Para finalizar todos os asistentes puideron gozar da tradicional chocolatada invitados polo Concello de Nigrán.

SIMULACRO PARA A ACTIVACIÓN DO PLAN DE EVACUACIÓN

Puxemos en práctica o plan de evacuación do noso centro, contando coa inestimable axuda do GES do Val Miñor, que nos aportou un feedback profesional moi valioso. 

María Núñez, ex-alumna do IES Val Miñor, fálalles ao alumnado de 1º de Bacharelato dos estudos no centro superior de hostalería de Galicia.

Hoxe, 4 de decembro de 2023, María Núñez, estudante de 4º curso do Centro Superior de Hostalería de Galicia, faloulles ao alumnado de 1º de bacharelato dos estudos deste grao adscrito a Universidade de Santiago de Compostela. Acompañada de Marta e Rita, explicáronlle o plan de estudos, prezos e opcións de bolsas, prácticas en distintos establecementos hoteleiros e a importancia de estudar en 1º para obter un bo expediente académico. Moitas grazas ás tres por tan interesante charla.

Concursos de Nadal 2023

Podedes consultar as bases no documento adxunto.

Nadal no Val Miñor de Laura Álvarez

CHARLA SOBRE A ABAU E O ACCESO Á UNIVERSIDADE PARA O ALUMNADO DE 2º DE BACHARELATO.

Ricardo Corderí, xefe da sección de extensión universitaria da Universidade de Vigo, impartiu unha conferencia sobre a  ABAU e o acceso á Universidade para o alumnado de 2º de bacharelato.

XI FORO INFANTIL UNICEF-PARLAMENTO DE GALICIA

Os representantes do noso centro no consello municipal da infancia e a xuventude,  Cayetana e Martín, acudiron o pasado 28 de novembro a unha sesión plenaria especial no Parlamento de Galicia. 

Para escoitar a intervención podes acceder ao seguinte enlace, no minuto 42  https://mediateca.parlamentodegalicia.gal/watch?id=YzNjMGJlYjYtZTdmZC00N2RkLWE4ZmItYWZhODI2MjcyNjZi  

Que fan os parrulos cando os ríos se xean? Con esta pregunta remata a lectura de Verdade de Care Santos.

Que fan os parrulos cando os ríos se xean?

Con esta pregunta rematou a lectura de Mentira, o libro de Care Santos.

E tamén co desexo de continuar lendo Verdade. Algunhas das achegas finais da novela  foron as seguintes:

Conseguiu engancharnos. 

Era moi dramático.

Ten un final sensato.

Non sei que dicir de Ben. É bo e malo á vez.

Xenia e Marcelo queríanse. Sabían todo deles.

Máis cárcere que o que tiña na vida Marcelo non era. A súa situación era extrema na vida, por iso, prefería estar dentro.

O alumnado de 3º de ESO finalizou o seu obradoiro de educación mediática no auditorio do Concello de Nigrán.

O alumnado de 3º de ESO rematou este venres 24 de novembro o seu obradoiro de Educación Mediática no Auditorio do Concello de Nigrán. O acto serviu tamén para  manifestarse en contra da violencia contra as mulleres. Dende aquí queremos dar as grazas ao CIM e a produtora CRU  polo seu traballo e dedicación.

Distribuir contido