Saltar navegación.
Inicio

Contrato Programa

VISITA AOS CIFP VALENTÍN PAZ ANDRADE E MANUEL ANTONIO

CLICA NA IMAXE PARA VER MÁIS FOTOS

O departamento de Orientación en colaboración co departamento de Economía organizou unha visita aos CIFP Manuel Antonio e Valentín Paz Andrade para que o alumnado de 4º ESO e 1ºBacharelato coñecera as distintas familias profesionais que alí se imparten.

No Manuel Antonio:

Alumnado de 4 ESO estuda o ecosistema de braña na Serra da Groba (Oia)

Durante dous días (4 e 5 de abril) o alumnado de 4 ESO da materia de Bioloxía e Xeoloxía estudaron o ecosistema de braña na Serra da Groba, concretamente no concello de Oia. 

No primeiro día, levouse a cabo a observación e estudo do medio físico (biotopo). Realizáronse medidas de pH e temperatura para determinar como os parámetros físicos crean condicións especiais que esixen determinadas adaptacións dos seres vivos.

CHARLA "PREVENCIÓN DE TODAS AS FORMAS DE VIOLENCIA CONTRA A MULLER"

O alumnado de 1 BACH recibiu unha charla do gabinete psicolóxico Alar sobre a prevención de todas a formas de violencia contra a Muller.

ENTROIDO 2022

CLICA para ver o album de FOTOS  e o VÍDEO deste día de Entroido

CHARLA SOBRE DIVERSIDADE.CHRYSALLIS.

Visitounos Soledad da asociación Chrysallis que reune a familias de menores trans e con ela aprendimos como a diversidade nos enriquece e como toda persoa ten dereito a ser respectada e non sofrir discriminación algunha baseada na súa orientación sexual e identidade de xénero.

Distribuir contido