Saltar navegación.
Inicio

Actividades Dinamización

Entrevista ao Alcalde Juan González

O alumnado de 3PMAR continúa investigando sobre o ocio en Nigrán durante o século XX, dentro do proxecto ANTÓN FRAGUAS  inserido nos PROXECTA+ da Consellería de Educación.

O pasado 11 de febreiro recibimos na radio da biblio a Juan González, quen nos trouxo as memorias da vila como alcalde, historiador e veciño.

Foron 20 minutos de charla ben entretida na RADIOTECA VAL MIÑOR, o noso programa que podedes escoitar NESTE PODCAST.

NOVA DATA PARA FESTEXARMOS O DÍA DE ROSALÍA: 23 DE FEBREIRO

A aparición de nova documentación sobre a verdadeira data de nacemento fixo que este ano adiantemos un día a celebración.

Neste mes de febreiro tamén celebramos o 21 de febreiro Día da Lingua Materna promovido pola Unesco  que moito tén que ver co noso Día de Rosalïa!!! O recoñecento das linguas e da cultura propia é parte imprescindible na formación do noso alumnado.

https://www.depo.gal/-/dia-de-rosalia

https://axendacultural.aelg.gal/2022/02/17/dia-de-rosalia-de-castro-2022/

RADIOTECA VAL MIÑOR: comezamos a gravar!

O pasado 4 de febreiro comezamos as gravacións de RADIOTECA VAL MIÑOR, a radio escolar que puxemos a andar no IES.

Foi o alumnado de 3ºPMAR quen creou este programa iniciando unha xeira de entrevistas para coñecermos os lugares de ocio en Nigrán no século XX, coa angueira de salvagardar a memoria colectiva deses lugares que na súa inmensa maioría xa non existen. Este traballo de investigación fai parte do Proxecto Didáctico Antón Fraguas, dentro do programa PROXECTA+ da Consellería de Educación.

MEDOMEDÁ: alumnado contacontos

O mércores 3 de novembro, pola volta de Samaín e Santos, alumnado de 2ºESO do IES foi contarlle historias de medo (e de chiste e amizade) ás cativas e cativos CEIP Humberto Juanes.

REGUEIFANDO NO IES VAL MIÑOR

O venres 15 tivemos a sorte inmensa de contar con Luís o Caruncho, un dos maiores e mellores regueifeiros do reino, para nos impartir un obradoiro destas improvisación orais a xeito de desafío, mostras ancestrais da cultura popular de noso que se están a recuperar.

Ao obradoiro de regueifas, patrocinado pola Deputación de Pontevedra e organizado pola asociación ORAL de Galicia, acudiu todo o alumnado de 3ºESO. O vindeiro 5 de novembro, o alumnado que fixera as coplas máis xeitosas, terá a oportunidade de participar dun segundo obradoiro máis práctico para adestrarse de cara ao certame provincial de regueifas. 

Distribuir contido