Saltar navegación.
Inicio

Lingua e Literatura Galega

O lecer en Nigrán no século XX: chamado á veciñanza do Val Miñor

O alumnado de 3ºESO PMAR fai un chamado de colaboración á veciñanza do Val Miñor para afondar no seu proxecto de investigación sobre o lecer en Nigrán durante o século XX.

Procuramos fotografías e testemuños sobre os locais de ocio onde se divertía a nosa xente, así como as historias que alí xurdiron. Esta investigación, dentro do Proxecto Didáctico Antón Fraguas,trata de salvagardar a memoria colectiva destes lugares e da xente que os frecuentaba.

Entrevista ao Alcalde Juan González

O alumnado de 3PMAR continúa investigando sobre o ocio en Nigrán durante o século XX, dentro do proxecto ANTÓN FRAGUAS  inserido nos PROXECTA+ da Consellería de Educación.

O pasado 11 de febreiro recibimos na radio da biblio a Juan González, quen nos trouxo as memorias da vila como alcalde, historiador e veciño.

Foron 20 minutos de charla ben entretida na RADIOTECA VAL MIÑOR, o noso programa que podedes escoitar NESTE PODCAST.

RADIOTECA VAL MIÑOR: comezamos a gravar!

O pasado 4 de febreiro comezamos as gravacións de RADIOTECA VAL MIÑOR, a radio escolar que puxemos a andar no IES.

Foi o alumnado de 3ºPMAR quen creou este programa iniciando unha xeira de entrevistas para coñecermos os lugares de ocio en Nigrán no século XX, coa angueira de salvagardar a memoria colectiva deses lugares que na súa inmensa maioría xa non existen. Este traballo de investigación fai parte do Proxecto Didáctico Antón Fraguas, dentro do programa PROXECTA+ da Consellería de Educación.

Premios de relato e vídeo do Samaín

 O alumnado gañador dos certames de relato curto e curtametraxes convocados polo EDLG recibiron os seus premios esta semana: uns almorzos de medo! Graciñas a Tere pola súa man e por elaborar estes menús tan gorentosos. Velaquí a listaxe de premiados:

RELATO CURTO

CATEGORÍA 1º/2ºESO

MEDOMEDÁ: alumnado contacontos

O mércores 3 de novembro, pola volta de Samaín e Santos, alumnado de 2ºESO do IES foi contarlle historias de medo (e de chiste e amizade) ás cativas e cativos CEIP Humberto Juanes.

Distribuir contido