Saltar navegación.
Inicio

Secretaría

PROCEDEMENTOS POR SE SON DO VOSO INTERÉS

CONVOCATORIA PREMIOS EXTRAORDINARIOS DE BACHARELATO. Información no documento adxunto.

CONVOCATORIA PREMIOS EXTRAORDINARIOS DE ESO. Información no documento adxunto.

PRAZO EXTRAORDINARIO DE MATRÍCULA EN PRAZAS VACANTES DE FP ( Do 22 ao 27 de xullo)

Busca información nos seguintes enlaces 

http://www.edu.xunta.gal/portal/node/31563

http://www.edu.xunta.gal/portal/node/31565

CONVOCATORIA DE EXAMES DE SETEMBRO

Clica para visualizala en grande

O alumnado de 4º con suspensas pero que está PROPOSTO PARA TÍTULO, NON PODERÁ PRESENTARSE Á CONVOCATORIA DE SETEMBRO, por decisión de inspección, pois o historial académico non se vai a modificar. Polo que tanto o alumnado con todas aprobadas coma o proposto para título poderá pasar a recoller os historiais académicos a partir do 15 de xullo de 9:00 a 13:30.

AS SOLICITUDES DE ADMISIÓN ACEPTADAS NA LISTAXE PROVISIONAL FANSE DEFINITIVAS. POLO QUE PODEN PASAR A POLO SOBRE DE MATRÍCULA E MATRICULARSE NAS DATAS SINALADAS.

Todas as solicitudes de admisión que foron publicadas na listaxe provisional, xa son definitivas polo que poden pasar a polo sobre de matrícula polo centro. Os días de matrícula serán por quendas, cliquen no seguinte enlace para máis información:

http://www.edu.xunta.gal/centros/iesvalminor/?q=node/999

MATRÍCULA 2020-21

A matrícula será do 1 ao 10 de xullo na convocatoria ordinaria e do 1 ao 10 de setembro na convocatoria extraordinaria. Por mor do COVID este ano farase por quendas a matrícula para evitar aglomeracións. O calendario en xullo en horario de 9 a 13:30 será o seguinte:

1 Xullo 3º ESO

2 Xullo 4º ESO

3 Xullo 1º ESO

6 Xullo 2º ESO

7 Xullo 1º Bach

8 Xullo 2º Bach

9 e 10 Xullo para aqueles que non puideron matricularse no día asignado.

CALENDARIO DO MES DE XUÑO.

PRÓXIMOS TRÁMITES:

Devolución dos ordenadores. Soamente devolverá o ordenador o alumnado de 2º da ESO que aprobe todo en xuño. As datas para a devolución serán os días 23, 25 e 26 de xuño de 10:00 a 13:00. Ao alumnado de 2º da ESO que lle queden pendentes para setembro, devolverao en setembro se promociona.

SE QUERES VER AS IMAXES AMPLIADA CLICA NELAS

REAPERTURA PARCIAL DA ACTIVIDADE LECTIVA PRESENCIAL PARA 2º DE BACHARELATO.

Seguindo o protocolo de riscos que inclúen as instrucións publicadas pola Consellería de Educación o pasado venres 22 de maio, nas que se convoca voluntariamente ao alumnado de 2º de Bacharelato, o equipo directivo dispuxo os espazos do centro para que, no caso dunha reapertura parcial efectiva, se gardasen as distancias de seguridade estipuladas polo Ministerio de Sanidade (2 metros de separación en todos os espazos interiores) e distribuíu o material de desinfección (provisto polo propio centro) de maneira que se atendan os protocolos sanitarios recomendados.

Non podería, en ningún caso, incorporarse ao centro o persoal (tampouco o alumnado) que estea manifestando síntomas compatibles con COVID-19, diagnosticados da enfermidade, ou en período de corentena.

DEMANDAS DA COMUNIDADE EDUCATIVA DO IES VAL MIÑOR

A comunidade educativa do IES Val Miñor fai pública unha reflexión e unha serie de demandas que considera, logo de dous meses de suspensión de actividade lectiva presencial, que deben ser atendidas polas administracións educativas. A idea é tratar de afrontar o futuro do noso sistema educativo entre todos e sair fortalecidos como sociedade nesta situación.

Distribuir contido