Saltar navegación.
Inicio

Contrato Programa

PARABÉNS XOANA GARCÍA PÉREZ. GAÑADORA DO VIII CONCURSO DE ESOPÍAS DA XVI FEIRA MATEMÁTICA 2023.

Aproveitamos para dirixirvos á nova canle de youtube do departamento de matemáticas, onde atoparedes outros dos participantes no concurso entre outras novidades.

CLICA E se lles gusta, suscríbanse e denlle a LIKE.

Roteiro xeolóxico por Monteferro, unha viaxe de 500 ma

O pasado 1 de febreiro, o alumnado de 4º de ESO e de 1º de bacharelato da materia de Bioloxía e Xeoloxía, realizaron un roteiro xeolóxico por Monteferro.

  

A península de Monteferro posúe uns indudables valores paisaxísticos, naturais pero tamén xeolóxicos que motivaron a súa declaración como Lugar de Interés Xeolóxico (GM075) polo Instituto Xeolóxico e Mineiro de España en 2019.

 

Visita a Sanabria e ó Caurel

O alumnado de 4º de ESO da materia de Bioloxía e Xeoloxía realizou unha visita didáctica ó Centro de interpretación do lobo ibérico “Félix Rodríguez de la Fuente” no munipio de Robledo (Zamora) e ó Xeoparque Mundial da UNESCO “Montañas do Caurel”, unha visita que se celebrou entre o 16 e o 18 de marzo.

A primeira noite pernoctamos nas inmediacións do lago de Sanabria. Pola mañá disfrutamos das impresionantes vistas sobre o lago, o maior lago de orixe glaciar de España. A pesar do mal tempo puidemos facer unha parada no lago para falar da súa orixe a partir do último periodo glaciar (glaciación do Würm) que finalizou hai un 18.000 anos.

XORNADA DE RUGBY EN PRAIA AMÉRICA EN COLABORACIÓN CO VIGO RUGBY CLUB. DÍA REDONDO E OVALADO.

CLICA 

Agradecemos ao Vigo rugby club que se achegara a Praia América para impartir unha sesión de promoción do rugby, que foi posible grazas á xenerosidade de Óscar, Diego e Joaquín. O alumnado desfrutou dun día frío aínda que soleado, poñendo en práctica o aprendido nas clases de Educación Física, nun espazo inigualable, onde a diversión e o movemento foron os protagonistas.

XA TEMOS GAÑADORES DO TORNEO DE FÚTBOL. OS CAMPIÓNS "TIKI-TAKA"

Tras unha longa tempada de choivas que non permitía dar continuidade ao torneo de fútbol, por fin puideron xogarse tódolos partidos que faltaban, coa chegada do sol. Os campións, contentos, recolleron os seus agasallos, pero como podedes observar nas fotos, o que máis lles gusta é o vale dos bocatas ,que Chiqui na cafetería lles prepara con cariño. Continuarase ofrecendo actividade física no patio. En breve organizaranse novos torneos. Esperámosovos na pista.

Distribuir contido