Saltar navegación.
Inicio

STEMbach, Contrato Programa

XORNADA DE ACOLLIDA DO ALUMNADO DE 6º DE EDUCACIÓN PRIMARIA DOS CENTROS ADCRITOS

 Este venres 28 de abril os alumnos e alumnas de 6º de Primaria dos centros  Humberto Juanes de Vilameán e Da Cruz- Camos visitaron o  instituto onde continuarán os seus estudos obrigatorios.

25 de abril. A revolución das leitugas

O 25 de abril os alumnos e alumnas de 1º C-ESO tiveron o seu primeiro achegamento á horta escolar. Plantamos leitugas. Esperamos comelas no mes de xuño.

VISITA AO CENTRO DA ESCRITORA INMA LÓPEZ SILVA

O 16 de marzo estivo co alumnado de 1º e 2º Bach. do IES,  Inma López Silva para falarnos do seu libro Aqueles días en que eramos malas. Contounos como se documentou, como foi escribindo a novela e contestou as curiosidades do alumnado que lera o libro.

https://valminortv.com/2017/03/13/marzo-e-o-mes-da-muller-no-ies-val-minor/

VISITA DE MARTA MÍGUEZ TELLE. ACTUAL SECRETARIA XERAL PARA O DEPORTE.

O venres 17 de marzo, honrounos coa súa visita a Secretaria Xeral para o deporte para falarnos do deporte feminino, e serviunos como gran referente. Pois é unha muller con grandes éxitos, recollidos no seu palmarés coma lanzadora de xavelina. E como muller cunha alta responsabilidade nun alto cargo no goberno autonómico. Foi un acto de visibilización e de empoderamento. A continuación achegamos fotos da mesa redonda, onde algunhas alumnas deportistas do centro. Podedes atopar nos arquivos adxuntos a presentación feita polas alumnas.

Repercusión na prensa. https://valminortv.com/2017/03/17/a-secretaria-xeral-para-o-deporte-presenta-o-programa-mulleres-bravas-bravisimas-no-ies-val-minor/

O LUNS 20 DE FEBREIRO O ALUMNADO DO PROGRAMA TEI VIVIU UNHA XORNADA DE SENDERISMO, APADRIÑAMENTO MOTEIRO E MÚSICA.

Os alumnos e alumnas de 1º e 3º da ESO viviron unha xornada de afianzamento da súa relación mediante actividades de senderismo, coñecemento dos valores moteiros dos costumeiros de Galicia (Custom Vulcan Galicia) e de dous grupos musicais. Ao mesmo tempo, o alumnado de 3º da ESO recibiron os carnés que os identifican como titores/as dos alumnos e alumnas do primeiro ano. Nestas actividades tivemos o seguimento de diversos medios informativos entre eles destacar Val Miñor TV, FARO DE VIGO e a Televisión de Galicia (aquí tedes os enlaces):

http://www.crtvg.es/informativos/un-instituto-de-nigran-quere-favorecer-a-convivencia-a-traves-de-padrinos-2739720

http://www.crtvg.es/tvg/a-carta/galicia-noticias-seran-2739733

O alumnado de 1ºC-ESO acode a representación de danza contemporánea : MULLERES EN ACCIÓN -VIOLENCIA ZERO

Os alumnos e alumnas de 1º ESO-C acudiron hoxe 21 de febreiro a praza do Concello de Nigrán a ver o espectáculo de danza contemporánea da formación PERDOMUS. Un alegato contra a violencia da muller organizado pola Deputación de Pontevedra.

PRESENTACIÓN ENTRE OS TITORES E TITORANDOS. POR FIN SE VEN AS CARAS, PARA COMEZAR CO PROGRAMA TEI.

O mércores 25, tras varias sesións formativas nas que o alumnado comprendeu e se implicou na participación deste programa de titoría entre iguais, fíxose a presentación entre o alumnado de 3º da ESO e o alumnado de 1º da ESO . Establecéndose esa canle de comunicación e de confianza tan importante.

Respirábase nerviosismo, pero tamén compromiso e por parte do profesorado expectativas moi altas respecto a esta iniciativa. Comeza a camiñar esta experiencia, que esperemos se poida continuar e axude a mellorar a convivencia no centro. Temos moitas esperanzas postas no programa.

O PROFESORADO DO CENTRO EN FORMACIÓN PERMANENTE. FORMÁNDONOS PARA A IMPLEMENTACIÓN DO PROGRAMA TEI. TITORÍA ENTRE IGUAIS

Parte do profesorado do centro, está formándose co obxectivo de implementar no centro un programa de titoría entre iguais, o programa TEI. Co obxectivo fundamental de mellorar a convivencia no centro.

Se queres saber algo máis sobre o programa clica  AQUÍ.

O creador do programa é Andrés González Bellido. Que foi o noso relator na formación levada a cabo no CEFORE de Vigo xunto a outros institutos interesados en implementar este programa.

QUINCE ALUMNOS E ALUMNAS DE 4º DA ESO CELEBRAN CO CEE Juan María o día internacional da discapacidade.

Alumnos e alumnas de 4º da ESO participaron nunha actividade conxunta co alumnado do Centro de Educación Especial Juan María co gallo do día internacional da discapacidade.

Distribuir contido