Saltar navegación.
Inicio

STEMbach, Contrato Programa

HIPERCONECTIVIDADE, BIG DATA, COCHE AUTÓNOMO ... O FUTURO e o PRESENTE explicado ao alumnado de 1º de Bacharelato.

Emilio García, profesor universitario na escola de empresariais de Vigo, deleitounos coa súa sabedoría sobre as novas tecnoloxías, sobre o seu uso, as súas aplicacións e a conciencia crítica que debemos ter nalgúns aspectos ante elas.

FELICITACIÓN DE NADAL E ENTREGA DE PREMIOS DOS TORNEOS DO RECREO DO PRIMEIRO TRIMESTRE

O venres antes das vacacións de Nadal coma en anos anteriores, o departamento de educación física felicitou as festas cun vídeo de Nadal, creado a partir da excelencia motriz do alumnado de 4º da ESO. Asemade, entregáronse os premios dos torneos de tenis de mesa e de fútbol que se levaron a cabo no primeiro trimestre.

A continuación tes unhas imaxes e o vídeo das combas clicando AQUÍ

A MALETA DA IGUALDADE CHEGA AO IES VAL MIÑOR

A  finalidade da maleta para igualdade é fornecer os centros dun recurso que poida contribuír a traballar sobre a corresponsabilidade, a diversidade, o empoderamento, os estereotipos, o feminismo, a historia das mulleres, a identidade, as relacións de parella.. No IES Val Miñor xa comezamos a traballar o seu material bibliográfico.

ALIMENTOS PARA CANS E GATOS. CAMPAÑA SOLIDARIA

Aquí temos parte do resultado da I CAMPAÑA SOLIDARIA DE ALIMENTOS PARA CANS E GATOS.

O ALUMNADO DE 2º DE BACHARELATO RECIBE INFORMACIÓN DA SECCIÓN DE INFORMACIÓN DE ESTUDANTES DA UVIGO.

Mª Magdalena Domínguez, do SIE da Universidade de Vigo, informoulle ao alumnado de 2º de BACHARELATO de todas aquelas dúbidas relacionadas coa ABAU e coa posterior preinscrición e matrícula nos graos universitarios.

CHARLA SOBRE OS GRAOS E CICLOS FORMATIVOS RELACIONADOS COA TECNOLOXÍA E ARTE DIXITAL.

Laura Saez, delegada do UTAD, centro universitario de tecnoloxía e arte dixital faloulles ao alumnado de TIC de 4ºde ESO e 1º de bacharelato da oferta do seu centro en canto as novas tecnoloxía e arte dixital.

I CAMPAÑA SOLIDARIA DE RECOLLIDA DE ALIMENTOS PARA CANS E GATOS

Neste curso celebramos a primeira campaña solidaria de recollida de alimentos para cans e gatos. Os alimentos serán doados a ONG Bai.senpulgas. Aquí vemos ao alumnado no proceso de creación dos carteis e o resultado final.Grazas as rapazas colaboradoras de 2º da ESO.

UNIDOS BAIXO O MESMO PARAUGAS. 3 do decembro. Día internacional da discapacidade.

O día 3 de setembro celebrase o día internacional da discapacidade. Un ano máis o noso centro participa nunha das actividades dese día: UNIDOS BAIXO O MESMO PARAGUAS. Cos paraguas de cores representase  a diversidade da sociedade cun mesmo fin e un mesmo desexo de convivencia. O alumnado de 2º ESO escribe frases alentadoras e de superación.

LEMBRANDO Á ANTIGA GRECIA

O profesor de Educación Plástica e Visual Anxo Alvarado e os alumnos e alumnas de 4º da ESO lembran a arquitectura da Grecia clásica no ximnasio.

Distribuir contido