Saltar navegación.
Inicio

STEMbach, Contrato Programa

O IES VAL MIÑOR ÚNESE A CELEBRACIÓN DO DÍA INTERNACIONAL DAS PERSOAS CON DIVERSIDADE FUNCIONAL.

O 3 de decembro celébrase o Día internacional das Persoas con Discapacidade. Por este motivo, o IES VAL MIÑOR únese a este colectivo co seu PARAGUAS de CORES que representa unha sociedade diversa, que acolle a todos os integrantes da sociedade de maneira igualitaria, sen diferenzas, cun mesmo desexo de convivencia.

25N no IES Val Miñor.

O 25 N desenvolvéronse de forma transversal actividades que visibilizaron a lacra social que supón a violencia exercida contra as mulleres. Entre elas estiveron as seguintes:

CIDADE E CIENCIA

O luns 25 de novembro, día contra a violencia de xénero, unha das actividades que se levou a cabo no IES Val Miñor para o alumnado de 3º ESO foi un obradoiro sobre “As violencias sexuais entre a xuventude”, impartido por dúas investigadoras do CSIC que viaxaron ata Nigrán para concienciar aos e ás xoves das situacións sexistas que se dan ao seu arredor.

A través dunha clara exposición de ideas, de vídeos e da participación do alumnado deron conta de todas as violencias sexuais invisibles que se sitúan por debaixo da visible punta do iceberg: as violacións.

XORNADA DE XOGOS COOPERATIVOS - PROGRAMA TEI (Titoría entre iguais)

O luns 18 de novembro disfrutamos dunha xornada diferente, preparada polo alumnado de 3º da ESO. O obxectivo era fomentar o vínculo entre os padriños e madriñas de 3º cos seus afillados de 1º, dentro do programa de convivencia, titoría entre iguais. A continuación podedes ver como se desenvolveu a actividade. 

MEDRANDO EN IGUALDADE: CHARLA FORMATIVA PARA O ALUMNADO DE 2º DE ESO.

Dentro do plan de igualdade do IES, hoxe os alumnos e alumnas de 2º de ESO tiveron unha charla formativa co título de "Medrando en Igualdade". María, da asociación Amigos de Galicia, foi a encargada de impartila.

"ECO-OBRADOIRO" DO ALUMNADO DE 1º DE ESO COS USUARIOS DO CENTRO DE EDUCACIÓN ESPECIAL "Juan María".

Os alumnos e alumnas de 1º de ESO realizaron esta mañá un "Eco-obradoiro" de reciclaxe de tapóns de plástico cos usuarios do centro de Educación Especial "Juan María". Queremos darlle as grazas a súa monitora Rosa e os verdadeiros protagonistas da actividade: Pascual, Pepe, David, Lorenzo, Antonio,Samuel ...

PROGRAMA TEI: OS ALUMNOS E ALUMNAS DE 1º DE ESO COÑECEN AOS SEUS TITORES E TITORAS.

Durante esta semana de outubro os alumnos e alumnas de 1º de ESO están coñecendo aos seus "padriños e madriñas".

ENTREGA DE TROFEOS AOS GAÑADORES/AS DO TORNEO DE BALONCESTO DO RECREO

Tras un éxito absoluto de participación e implicación do alumnado. Realizouse unha entrega de trofeos aos gañadores de cada grupo do torneo, que foron OS HUNTERS, E STB ALFA. Ademáis de facer un recoñecemento especial aos xogadores MVP, Xabi e Martin, que amosaron durante todo o torneo grandes habilidades para o baloncesto ademáis de xogo limpo cos compañeiros e compañeiras. O ano que ben esperemos que máis e mellor.

O ALUMNADO DE 3ºC-ESO DESFRUTANDO DO PREMIO Á AULA CON "MELLOR AMBIENTE".

Os alumnos e alumnas de 3ºC-ESO desfrutaron no Ecoparque de Marín do merecido premio recibido por ser a aula máis limpa e coidada.

POESÍA E CREATIVIDADE EN GALEGO POLO ALUMNADO DE 3º E 4º DA ESO.

 O alumnado de 3º e 4º da ESO traballou coa profesora de galego Carme Giráldez a poesía e a creatividade.

PARTICIPANDO NA CAMPAÑA SOLIDARIA DE RECOLLIDA DE TAPÓNS DE PLÁSTICO PARA OS CENTROS "Juan María".

O instituto Val Miñor participa na campaña solidaria de recollida de tapóns co centro específico de Educación Especial Juan María.Grazas a esa doazón o centro de Educación Especial pode reciclalos creando unha actividade útil e entretida para persoas con diversidade funcional. Co recadado financian proxectos destinados aos seus usuarios.

Distribuir contido