Saltar navegación.
Inicio

Bioloxía e Xeoloxía

Intercambio con alumnado de Manchester na Serra da Groba

A finais de marzo 12 alumnos e alumnas de secundaria do Loreto High School de Manchester visitáronnos dentro dun programa de intercambio no que participa tamén o noso alumnado de 4 de ESO.

O departamento de Bioloxía e Xeoloxía organizou o luns 27 unha saída á Serra da Groba e Oia, onde tamén visitaron o mosteiro cisterciense. Contamos coa colaboración de Xilberte Manso, membro do Instituto de Estudos Miñoráns (IEM) quen nos acompañou durante toda a xornada.

Roteiro xeolóxico por Monteferro, unha viaxe de 500 ma

O pasado 1 de febreiro, o alumnado de 4º de ESO e de 1º de bacharelato da materia de Bioloxía e Xeoloxía, realizaron un roteiro xeolóxico por Monteferro.

  

A península de Monteferro posúe uns indudables valores paisaxísticos, naturais pero tamén xeolóxicos que motivaron a súa declaración como Lugar de Interés Xeolóxico (GM075) polo Instituto Xeolóxico e Mineiro de España en 2019.

 

Visita a Sanabria e ó Caurel

O alumnado de 4º de ESO da materia de Bioloxía e Xeoloxía realizou unha visita didáctica ó Centro de interpretación do lobo ibérico “Félix Rodríguez de la Fuente” no munipio de Robledo (Zamora) e ó Xeoparque Mundial da UNESCO “Montañas do Caurel”, unha visita que se celebrou entre o 16 e o 18 de marzo.

A primeira noite pernoctamos nas inmediacións do lago de Sanabria. Pola mañá disfrutamos das impresionantes vistas sobre o lago, o maior lago de orixe glaciar de España. A pesar do mal tempo puidemos facer unha parada no lago para falar da súa orixe a partir do último periodo glaciar (glaciación do Würm) que finalizou hai un 18.000 anos.

Visita ós laboratorios do Hospital Álvaro Cunqueiro

O 16 de marzo o alumnado da materia de Anatomía Aplicada de 1º de bacharelato visitou os laboratorios do Hospital Álvaro Cunqueiro. O obxectivo desta saída foi, por un lado espertar no alumnado a súa vocación polo traballo no ámbito sanitario e, por outro lado, resaltar a importancia das múltiples vías de formación que conducen ó mesmo, máis alá da medicina ou enfermería.

Á nosa chegada ó hospital recibíunos M. Rosario Diéguez, coordinadora de técnicos especialistas da unidade de docencia e formación continuada do CHUVI, quen nos acompañou durante toda a xornada.

G-Night. A volta do pirata da pata de pau

O xoves, 22 de setembro, celebrouse unha charla para o alumnado das materias de bioloxía e xeoloxía de 1º de bacharelato e bioloxía de 2º de bacharelato, titulada "A volta do pirata da pata de pau". A charla foi impartida pola profesora de física aplicada da facultade de telecomunicacións, Bety León.

Eliminación de especies invasoras no complexo dunar de Nigrán

Alumnado de 4 ESO da materia de Bioloxía e Xeoloxía participa nunha xornada de eliminación de plantas invasoras no complexo dunar de Nigrán. Como ven sendo habitual nos últimos anos, a actividade foi organizada polo Dpto. de Bioloxía e Xeoloxía en colaboración co concello de Nigrán e estivo monitorizada polo profesorado do Dpto. Elvira Blanco e Juan Hermida.

As dunas litorais conforman un dos ecosistemas que figuran na directiva Hábitat da Unión Europea (Directiva 92/43/CEE) que obriga ós estados membros á súa protacción e conservación. Por este motivo o complexo dunar de Nigrán foi obxecto dunplan de recuperación nos últimos anos e mesmo foi proposto como un Espazo Natural de Interés Local (ENIL) polo concello de Nigrán, ainda que esta figura de protección está pendente de ser aprobada pola Xunta de galicia.

Observación de aves na Foz do Miñor

Con motivo do Día Mundial dos Humedais (2 de febreiro), o alumnado de 1º ESO realizou unha visita á Foz da Ramallosa para a obervación de aves.

O DEpartamento de Bioloxía e Xeoloxía conta cun telescopio para aobservación de aves polo que foi doado avistar as diferentes especies que ocupan o esteiro do río Miñor.

É habitual observar garzas reais (Ardea cinerea), parrulos (Anas plathyrhiynchos), cormoráns grandes (Phalacrocorax carbo), garcetas (Egretta garzetta), diversas especies de gaivotas, espátulas (Platalea leucorodia) e mesmo águias pescadoras (Pandion haliaetus), ainda que en ocasións chegan á Foz da Ramallosa especies raras de xeito moi ocasional.

Alumnado de 3 ESO colabora na limpeza de Praia América

O pasado 6 de maio o alumnado de 3ª de ESO particpou nunha xornada de recollida de lixo no areal de Praia América, unha actividade organizazada polo Departamento de Bioloxía e Xeoloxía do IES Val Miñor en colaboración co Concello de Nigrán.

Para ver máis fotos preme AQUÍ!

Como ven sendo habitual todos os anos, alumnos e alumnas do instituto participan nunha xornada de recollida de lixo en Praia América. Esta actividade pretende concienciar ó alumnado do grabe problema medioambiental que supón o lixo, especialmente para os organismos mariños, moitos dos cales morren por inxerir estes residuos. O plástico é o pricipal compoñente destes residuos, especialmente plásticos de pequeno tamaño que perdurarán no ecosistema durante moitos anos.

RESPIRANDO SAÚDE

O mércores 20 de abril viñeron ao instituto Cristina Represas (neumóloga do hospital Álvaro Cunqueiro) e Ana Priegue (enfermeira da área de neumoloxía do mesmo hospital), impartiron unha charla de 40 minutos sobre o aparato respiratorio, enfermidades máis comúns, hábitos saudables,... facendo fincapé nos efectos nocivos do tabaco. O alumnado asistentes a esta charla foi todo 3º ESO (incluido PMAR) e as alumnas de 1º bach que cursan a materia de Anatomía Aplicada.

A continuación levaron a cabo un taller práctico só coas alumnas de 1º bach, ensinaron e explicaron o correcto uso dos diferentes inhaladores, cámaras,... tamén coa axuda dun espirómetro mediron capacidades pulmonares, volúmenes respiratorios, de varias alumnas voluntarias.

Distribuir contido