Saltar navegación.
Inicio

blogue dejhermida

Observación de aves na Foz do Miñor

Con motivo do Día Mundial dos Humedais (2 de febreiro), o alumnado de 1º ESO realizou unha visita á Foz da Ramallosa para a obervación de aves.

O DEpartamento de Bioloxía e Xeoloxía conta cun telescopio para aobservación de aves polo que foi doado avistar as diferentes especies que ocupan o esteiro do río Miñor.

É habitual observar garzas reais (Ardea cinerea), parrulos (Anas plathyrhiynchos), cormoráns grandes (Phalacrocorax carbo), garcetas (Egretta garzetta), diversas especies de gaivotas, espátulas (Platalea leucorodia) e mesmo águias pescadoras (Pandion haliaetus), ainda que en ocasións chegan á Foz da Ramallosa especies raras de xeito moi ocasional.

Alumnado de 3 ESO colabora na limpeza de Praia América

O pasado 6 de maio o alumnado de 3ª de ESO particpou nunha xornada de recollida de lixo no areal de Praia América, unha actividade organizazada polo Departamento de Bioloxía e Xeoloxía do IES Val Miñor en colaboración co Concello de Nigrán.

Para ver máis fotos preme AQUÍ!

Como ven sendo habitual todos os anos, alumnos e alumnas do instituto participan nunha xornada de recollida de lixo en Praia América. Esta actividade pretende concienciar ó alumnado do grabe problema medioambiental que supón o lixo, especialmente para os organismos mariños, moitos dos cales morren por inxerir estes residuos. O plástico é o pricipal compoñente destes residuos, especialmente plásticos de pequeno tamaño que perdurarán no ecosistema durante moitos anos.

Proxecto educativo "O Aloqueiro". 4 de ESO.

Tamén se propuxeron trípticos e carteis:
    

Alumnado de 4 ESO estuda o ecosistema de braña na Serra da Groba (Oia)

Durante dous días (4 e 5 de abril) o alumnado de 4 ESO da materia de Bioloxía e Xeoloxía estudaron o ecosistema de braña na Serra da Groba, concretamente no concello de Oia. 

No primeiro día, levouse a cabo a observación e estudo do medio físico (biotopo). Realizáronse medidas de pH e temperatura para determinar como os parámetros físicos crean condicións especiais que esixen determinadas adaptacións dos seres vivos.

IES Val Miñor e CEIP Humberto Juanes xuntos nunha visita ó complexo dunar de Nigrán

O pasado venres, 25 de marzo, o alumnado de 6ª de primaria do CEIP Humerto Juanes de Nigrán visitou o complexo dunar de Nigrán nuha saída organizada conxuntamente co Dpto. de Bioloxía e Xeoloxía do IES Val Miñor. A saída tivo por obxectivo coñecer as características básicas do ecosistema dunar. Coñecer as características físicas (biotopo) que fan posible este tipo de ecosistemas e estudar a comunidade de seres vivos (biocenose) asociados a este espazo.

Fai CLICK na imaxe para ver máis fotos.

Distribuir contido