Saltar navegación.
Inicio

AXUDA PARA ADQUISICIÓN DE MATERIAL ESCOLAR

Ata o 21 de xuño está aberta a convocatoria para a solicitude de axuda para a adquisición de material escolar do alumnado de 1º a 4º da ESO . No seguinte enlace atoparás a orde que a regula CLICA

Poderá facerse o trámite de forma presencial na secretaría do centro de 8:30 a 14:00 entregando os Anexos I e II dos que dispós nos documentos adxuntos ou online a través da sede electrónica.

RAPAZAS EMPRENDEDORAS NAS TIC

A continuación podedes ver resultados do traballo realizado no proxecto "As rapazas emprendedoras nas TIC" CLICA

TRAMITACIÓN DO TÍTULO DE BACHARELATO E DA SOLICITUDE PARA A REALIZACIÓN DAS PROBAS ABAU (SELECTIVIDADE)

PARA A SOLICITUDE DO TÍTULO DE BACHARELATO:

O alumnado que estea proposto para o título de Bacharelato ten que cubrir o Modelo A para facer o depósito do Título. Unha vez realizado o pagamento , achegarase xustificante á secretaría do centro. As taxas son 54 euros tarifa normal, familia numerosa categoría xeral 27,03, familia numerosa categoría especial 0.

CHARLA SOBRE TRASTORNOS DA CONDUTA ALIMENTARIA PARA O ALUMNADO DE 3º DE ESO.

Este venres, 10 de maio, Sara Pérez, de Adamia Psicoloxía e Marta Losada, nutricionista do Centro de saúde Val Miñor de A  Xunqueira, impartiron unha charla ao alumnado de 3º de ESO, sobre os trastornos de conduta alimentaria. A mesma tiña como obxectivos a prevención, a información sobre patróns alimentacios sans, afianzar uns valores persoais positivos e establecer unha actitude crítica ante a presión das redes sociais.

Grazas a Sara e Marta pola súa implicación e bo facer.

 

Distribuir contido