Saltar navegación.
Inicio

SOMOS ESPAZO CARDIO PROTEXIDO

O centro conta cun Desfibrilador, esta é unha moi boa noticia, que se fixo realidade grazas á sensibilidade do concello, que  nos dotou deste aparello tan valioso, trala petición realizada . A intervención nos primeiros minutos dunha parada cardíaca é fundamental para salvar vidas. Toda a comunidade educativa debe coñecer que o noso desfibrilador está ubicado no corredor da primeira planta, XUSTO AO CARÓN DO ASCENSOR, pois nunha situación de emerxencia contar con este aparello, supón unha enorme diferenza.

A continuación simplemente amosamos un argumento de forma visual, para que non cruces os brazos, se non que cruces os dedos e inicies a manobra de RCP:

XORNADA DE ACOLLIDA

O día 12 tivemos o privilexio de recibir a visita do alumnado de 6º de Educación primaria que se unirá ao noso centro educativo no próximo curso.
Durante esta xornada, os alumnos puideron percorrer o patio, ademais de visitar o taller de química, bioloxía e tecnoloxía, as aulas de música e Educación plástica, así como a nosa biblioteca. Para facer a vistia máis enriquecedora tiveron a oportunidade de interactuar cos nosos profesores realizando algunhas actividades divertidas e educativas.
Ademais de explorar as nosas instalacións e participar nos talleres, recibiron informacioń sobre a nova etapa que están a piques de comezar da man da orientadora do centro, que lles proporcionou información sobre a nova etapa e consellos para afrontala con éxito.
Vémonos o próximo curso!

O ALUMNADO DE 1º ESO ASISTIU AO EVENTO "GALICIENCIA"

CLICA para ver algúns dos proxectos seleccionados na fase final e fotos do evento.

O alumnado de 1º ESO participou nos retos científicos "Atrévete coa aeronáutica!" desenvoltos no parque teccnolóxico Tecnópole de Ourense.

Pablo Cedeira, Brais Carneiro, Mateo Rey e Arantxa Vega, voltaron da  experiencia Tecnópole Galiciencia, co primeiro premio, da súa categoría. Moitas grazas a todos/as os participantes e parabéns aos premiados. Un premio ao traballo nas aulas.

VISITA AO PARQUE ARQUEOLÓXICO DE CAMPO LAMEIRO

No parque Arqueolóxico de Arte Rupestre de Campo Lameiro. As rapazas e rapaces de 1º da ESO descubriron grandes petroglifos, fixeron recipientes de barro coas súas propias mans e aplaudiron ó ver como se encendía o lume ó xeito do paleolítico!! Unha boa lección de Prehistoria en Galicia.
Para ver algunhas fotos do alí acontecido, podes CLICAR AQUÍ

VISITE À BORDEAUX 2023!!

Voilà notre superbe visite à Bordeaux! Cette belle ville patrimoine de l'UNESCO du Sud de la France!
On a beaucoup appris et on s'est très bien amusés! Cando volatremos?

ENCONTRO CON MARÍA CANOSA

A ESCRITORA MARÍA CANOSA ENCÓNTRASE COS SEUS LECTORES DE 1º E 2ºESO

A autora de Cee, unha das voces máis destacadas da literatura galega actual que vén de publicar o seu 50º libro, visitou o noso centro para falar co alumnado de 1º e 2º ESO, que leran A cazadora de estrelas e Muriel respectivamente. As compañeiras de 1º Alba e Xoana fíxéronlle unha presentación ben profesional.

Val de Miñor é Ciencia.I Feira Científica. Proxectos de investigación. Conferencia de Khadija Amanda Barciela López

O venres 21 de abril, O IES Primeiro de Marzo e o IES Val Miñor en colaboración cos concellos de Baiona e Nigrán, organizaron unha xornada científica na que o alumnado foi o protagonista xa que foron eles os encargados de dinamizala explicándolle ós mais cativos algúns fenómenos naturais e as súas investigacións.

Distribuir contido