Saltar navegación.
Inicio

SAÍDA DO ALUMNADO DE 3º ESO O 25 DE MAIO

O xoves 25 de maio o alumnado de 3º de ESO participou nunha xornada de convivencia na que visitamos Castro Baroña, o museo da Marea en Porto do Son e o complexo dunar de Corrubedo.

O alumnado e o profesorado acompañante desfrutaron das paisaxes marabillosas da zona, aprenderon sobre diferentes artes de pesca artesanais, tan arraigadas a nosa cultura, e bañáronse nas augas cristalinas da Praia da Ladeira.

Unha xornada que desexamos que queda na lembranza dos participantes. CLICA para ver as fotos.

SOMOS ESPAZO CARDIO PROTEXIDO

O centro conta cun Desfibrilador, esta é unha moi boa noticia, que se fixo realidade grazas á sensibilidade do concello, que  nos dotou deste aparello tan valioso, trala petición realizada . A intervención nos primeiros minutos dunha parada cardíaca é fundamental para salvar vidas. Toda a comunidade educativa debe coñecer que o noso desfibrilador está ubicado no corredor da primeira planta, XUSTO AO CARÓN DO ASCENSOR, pois nunha situación de emerxencia contar con este aparello, supón unha enorme diferenza.

A continuación simplemente amosamos un argumento de forma visual, para que non cruces os brazos, se non que cruces os dedos e inicies a manobra de RCP:

XORNADA DE ACOLLIDA

O día 12 tivemos o privilexio de recibir a visita do alumnado de 6º de Educación primaria que se unirá ao noso centro educativo no próximo curso.
Durante esta xornada, os alumnos puideron percorrer o patio, ademais de visitar o taller de química, bioloxía e tecnoloxía, as aulas de música e Educación plástica, así como a nosa biblioteca. Para facer a vistia máis enriquecedora tiveron a oportunidade de interactuar cos nosos profesores realizando algunhas actividades divertidas e educativas.
Ademais de explorar as nosas instalacións e participar nos talleres, recibiron informacioń sobre a nova etapa que están a piques de comezar da man da orientadora do centro, que lles proporcionou información sobre a nova etapa e consellos para afrontala con éxito.
Vémonos o próximo curso!

O ALUMNADO DE 1º ESO ASISTIU AO EVENTO "GALICIENCIA"

CLICA para ver algúns dos proxectos seleccionados na fase final e fotos do evento.

O alumnado de 1º ESO participou nos retos científicos "Atrévete coa aeronáutica!" desenvoltos no parque teccnolóxico Tecnópole de Ourense.

Pablo Cedeira, Brais Carneiro, Mateo Rey e Arantxa Vega, voltaron da  experiencia Tecnópole Galiciencia, co primeiro premio, da súa categoría. Moitas grazas a todos/as os participantes e parabéns aos premiados. Un premio ao traballo nas aulas.

Distribuir contido