Saltar navegación.
Inicio

VISITA DIDÁCTICA A JEVASO

O alumnado de Economía de primeiro de Bacharelato fixeron este luns 6 de maio unha saída didáctica á empresa Jevaso sita en Arteixo.

Alí puidemos observar o proceso completo do textil: dixitalización de patróns, bancadas, cortado por láser, costura, lavado, pasar o ferro, etiquetado, embolsado,... até o e commerce e xestión de devolucións.

Esta empresa é punteira no sector e traballa con marcas moi coñecidas polo alumnado como as do grupo Inditex, Bimba &  Lola, Mango,...

ANA ORTIZ, CÉSAR ARES E ESTELA IGLESIAS ACHÉGANSE AO CENTRO, PARA FELICITAR ÁS GAÑADORAS DO PREMIO STEPHEN HAWKING.

O Xefe Territorial, a delegada de educación en Vigo e a inspectora do noso centro, coordinaron as súas axendas, para felicitar en persoa, ás alumnas gañadoras do Premio Stephen Hawking. A continuación dispoñedes dos traballos realizados no programa STEMbach do bienio 2022-24. 

ÉXITO NA PARTICIPACIÓN NO PREMIO STEPHEN HAWKING. 2º PREMIO PARA ARIANE E EVA. PARABÉNS!

As alumnas de segundo de bacharelato Ariane Antequera González e Eva Leyenda de Arriba obtiveron un segundo premio na VI edición do Premio Stephen Hawking do IES Plurilingüe Rosalía de Castro de Santiago polo seu traballo de investigación “Estudio de la presencia de microplásticos en la costa valmiñorana”. O traballo foi coordinado polo profesor do centro César Rodríguez López e tamén titorizado por investigadores do Instituto Español de Oceanografía-CSIC. CO de Vigo, Begoña Pérez Fernández e Gustavo Blanco Heras.

ALUMNADO DE 4º DE ESO E 1º DE BACHARELATO VISITAN OS CIFP MANUEL ANTONIO E VALENTÍN PAZ ANDRADE

Alumnado de 4º de ESO e o alumnado matriculado en Bioloxía e Anatomía de 1º de Bacharelato visitaron hoxe, 4 de abril, os centros integrados de formación profesional Manuel Antonio e Valentín Paz Andrade de Vigo. Coñecendo, de primeira man, a oferta dos ciclos formativos destes centros.

Distribuir contido