Skip to Content

Novas

IMPORTANTE! Validación datos académicos para alumnado solicitante de bolsas de estudos

O alumnado que solicitou bolsa de estudos para o curso 22-23, ten a obriga de acceder ao enlace que aparece na imaxe para validar os seus datos académicos. De non facelo, antes do 3 de outubro, NON percibirá a axuda económica solicitada. Para máis información podedes acudir ao Departamento de Orientación do centro.

Aplicación abalarMóbil: instalación e rexistro

Manual de axuda e vídeo con instruccións para realizar a instalación e rexistro na aplicación AbalarMóbil.

As familias, a través de abalarMóbil, poderán:
•Acceder aos datos persoais
•Consultar as cualificacións
•Consultar e xustificar as faltas de asistencia
•Consultar as faltas de conduta
•Solicitar unha cita de titoría
•Consultar os datos do centro educativo
•Consultar os avisos ou notificacións por parte do profesorado ou do centro educativo.
•Consultar as  incidencias creadas polo profesorado
•Modificar o idioma da aplicación
•Acceder á mensaxería de abalarMóbil, que é unha nova funcionalidade que tén como obxectivo facilitar a comunicación entre o centro e os responsables do alumnado, ou entre o profesorado e este

Inicio curso escolar 22-23

O data de inicio de curso escolar no IES Val do Asma será o venres 9 de setembro de 2022, dado que o xoves día 8, data oficial marcada pola Consellería de Educación, é festivo local en Chantada.

Toda a información sobre horas de presentación e inicio de actividades lectivas serán enviadas ás familias a través da plataforma Abalar.

Acceso ao calendario de presentacións.

Horario de atención no mes de agosto

Atención telefónica  de 10:00 a 13:00 horas no número 982870236

Resultados ABAU 2022

Parabéns ao alumnado que rematou 2BAC! 100% aprobados/as nas ABAU 2022.

Libros de texto curso 22-23

Relación de libros de texto para o vindeiro curso:

  • Listado de libros para ESO e BAC.
  • Listado de libros para a FP

Prazo de presentación de solicitudes FP en réxime ordinario e FP dual curso 22-23

A presentación de solicitudes para cursar FP en réxime ordinario e FP dual abrangue dende o 23 xuño ás 9:00 ata 5 xullo ás 13:00 horas.

Acceso á información de todos os prazos do proceso de admisión da FP en réxime ordinario e na FP dual

NOVIDADE!!! No IES Val do Asma impartirase a partires do curso 2022-2023 o CM Atención a persoas en situación de dependencia na modalidade de dual!!!

Prazo de matrícula ESO e BAC curso 22-23

O prazo para formalizar a matrícula abrangue do 25 de xuño ata o 10 de Xullo de 2022.

Admisión a ciclos de FP de grao básico 22-23

Requisitos de acceso:

a) Ter feitos quince anos ou facelos durante o ano natural en curso.
b) Ter cursado o terceiro curso de educación secundaria obrigatoria ou, excepcionalmente, ter cursado o segundo curso.
c) Ter proposto o equipo docente aos pais, ás nais ou ás persoas titoras legais a incorporación do alumno ou da alumna a un ciclo formativo de grao básico.

O día 20 de xullo farase pública a listaxe do alumnado admitido e non admitido en cada ciclo formativo de grao básico.

Acceso á información

No IES Val do Asma impártense o CB Informática de oficina e o CB Matemento de vehículos.

Entrega notas finais e reclamacións 2022

Luns 27 de xuño de 2022 ás 10:00h: Entrega de notas (na aula de referencia).

Luns 27 e martes 28 de xuño de 2022: Revisións de exames e reclamacións ante os departamentos. Acceso á información do proceso de reclamacións.

Xoves 30 de xuño de 2022: Resolución das reclamacións (dirección).

 

 

Syndiquer le contenu


by Dr. Radut