Skip to Content

Biblioxornal 1

Biblioxornal 0

ANIVERSARIO DO ESPERANTO

O doutor Ludwik Lejzer Zamenhof (1859-1917) foi o creador da lingua internacional esperanto. A súa intención era crear unha lingua moi fácil para calquera persoa.


O esperanto é unha lingua auxiliar artificial destinada para servir como unha segunda lingua universal para toda a poboación mundial e non, coma moitos supoñen, para substituír todas as linguas existentes. O esperanto é, a día de hoxe, a lingua artificial máis falada.


En Galiza, a principios do século XX había asociacións esperantistas nas cidades de A Coruña, Betanzos, Santiago de Compostela, Mondoñedo, Vilalba, Foz, Lugo e Vigo. A única obra da literatura galega traducida integramente ao esperanto é “Retrincos” de Castelao.

Zamenhof criouse na cidade de Bialystok (que naquela época formaba parte do Imperio Ruso mais na actualidade pertence a Polonia). Nela falábanse moitas linguas, polo que había dificultades para a comprensión entre as diversas culturas. Isto motivouno para buscar unha solución ao problema, e co paso dos anos foi desenvolvendo o esperanto nun proceso longo e laborioso.


Finalmente, no ano 1887 e coa axuda económica de seu cuñado, logrou publicar un libriño no que espuña os principios da "Lingua Internacional", co pseudónimo de Doutor Esperanto, palabra que acabou por converterse no nome da sua creación.


Zamenhof morreu en Varsovia en 1917. Os seus tres fillos foron asasinados polos nazis durante a Segunda Guerra Mundial (os Zamenhof eran unha familla xudea).

Normas de funcionamento

   

LEMBRA:

  • Aforra tempo: non esquezas o teu número de lector ou lectora.
     
  • Cada cousa no seu lugar: cando collas un libro nos andeis,  fíxate onde está para, cando remates, reintegralo ao seu sitio ou, se tes  dúbida, entrégallo a persoa encargada da biblioteca, non o coloques ao chou pois dificultarías a súa busca no futuro.
     
  • Coida o material: os fondos da Biblioteca son de todos, usa deles e axuda a conservalos en bo estado para que os que veñan no futuro poidan seguir gozando deles como ti o fas.
     
  • Cumpre os prazos: os préstamos teñen unha duración de 15 días, pasado ese tempo debes renovar o préstamo ou devolvelo.
     
  • Sé solidario: hai libros que teñen lista de espera. Remata pronto con eles e devólveos para facilitar que outros usuarios poidan lelos.
     
  • Respecta o traballo dos teus compañeiros:  evita as aglomeracións e todo tipo de actividades que dificulten a concentración e traballo dos usuarios.

  • Mantén o máximo silencio na Biblioteca.

  • Un lugar para cada cousa: a Biblioteca non é lugar axeitado para comer ou beber.

Axúdanos a mellorar a Biblioteca!

   

 

Letras Galegas 2009

Ramón Piñeiro, protagonista do Día das Letras Galegas 2009

Este ano o Día dás Letras Galegas está adicado a Ramón Piñeiro López, intelectual galego que foi ou primeiro presidente do conselo da Cultura Galega. A Real Academia Galega decidiuno pola dedicación, total e desinteresada, da súa vida na defensa de Galicia e da súa cultura que debe ser unha referencia moral indiscutible e necesaria cara ás novas xeracións.
Os seus traballos supuxeron un "paso decisivo" para a normalización do galego como lingua con capacidade para expresarse en todos os campos do saber.

DATOS BIOGRÁFICOS

Ramón Piñeiro López (Láncara -Lugo, 1915 - Santiago de Compostela, 1990) foi un intelectual e político galego, unha das figuras históricas do galeguismo durante o século XX, crave para conseguir a continuidade de este tras a Guerra civil española (por este motivo, foi encarcerado entre 1946 e 1949). Estudou o bacharelato superior en Lugo onde ingresou nas xuventudes do Partido Galeguista, a través das cales participou non comité provincial que colaborou na celebración do referendo sobre o Estatuto de Autonomía de Galicia de 1936. Estudou Filosofía e Letras en Santiago de Compostela. Como intelectual, foi un dos fundadores e primeiros directores da editorial Galaxia e da revista Grial; politicamente, ademais de formar as Mocidades Galeguistas, foi membro do Partido Galeguista e a súa principal actividade foi a de intentar despoxar ao galeguismo da súa compoñente política para centralo no seu compoñente cultural (a esta tendencia coñeceríaselle dende entón como piñeirismo). Foi tamén deputado independente do Parlamento de Galicia formando parte da lista do PSdeG-PSOE. A súa obra repártese en traballos de índole filosófica (con especial atención ao tema da saudade que trata dende unha perspectiva existencialista heideggeriana) e traballos de orientación lingüístico-literaria (centrados nos problemas do proceso de normalización da lingua galega).


A RAG tamén refire a labor ensaística de Ramón Piñeiro, recollida parcialmente nos libros "Olladas no futuro", "Galicia", "A linguaxe e as linguas" ou "Lembrando a Castelao", que reflicten os eixos fundamentais do seu pensamento e destacan a necesidade da reafirmación cultural de Galicia como "camiño fundamental para a súa realización como pobo"

Curso 18-19

 O NOSO HORARIO

No cadro recollemos o horario en que a biblioteca permanece aberta con profesorado encargado da mesma. Fóra dese horario debedes dirixirvos aos profesores de garda no Centro se tedes que facer algunha consulta urxente.

 

 

LUNS

MARTES

MÉRCORES

XOVES

VENRES

de 9.35 a 10.25

 Aberta

Aberta

Aberta

Aberta

Aberta

1º recreo

Aberta

Aberta

Aberta

Aberta

Aberta

de 10.45 a 11.35

Aberta

Aberta 

Aberta

Aberta

Aberta

de 11.35 a 12.25

Aberta

Aberta

Aberta

Aberta

Aberta

2º recreo

Aberta

Aberta

Aberta

Aberta

Aberta

de 12.45 a 13.35

 Aberta

Aberta

Aberta

 Aberta Aberta
de 13.35 a 14.25          

Para préstamos, renovacións e devolución de libros están reservados todos os recreos.

 

Certames

 

 

CONCURSO

Ilustra as túas lecturas

BASES

1. OBXECTIVO: Crear unha ilustración a partir da lectura dun texto literario (escena teatral, poema, conto, capítulo dunha novela...)

2. PARTICIPANTES: O concurso está aberto a todos os alumnos e alumnas do centro, de forma individual.

3. O deseño será orixinal e inédito.

4. Cada concursante poderá presentar un máximo de tres ilustracións.

5. As ilustracións deberán realizarse en cartolina de formato A4: 21 x 29 cm. Tamén poderán presentarse en formato electrónico gardados nun CD ou disquete e nun arquivo JPG.

6. O procedemento será libre: ceras, lapis, tinta, acuarela, colaxe (recortes de revistas ou prensa, textos, papeis de cor...) fotografía, infografía (ordenador)... Pódense mesturar os diferentes procedementos e técnicas para xerar a imaxe final en branco e negro ou en cor.

7. O Departamento de Debuxo e Educación Plástica e Visual ofrece asesoramento aos concursantes para o mellor remate das obras.

8. Será obrigatorio facilitar os datos (autor, título da obra, editorial, páxina ou páxinas...) do texto literario (escena teatral, poema, conto, capítulo dunha novela...) no que se inspira a ilustración.

9. Valoraranse estes aspectos: relación co texto, orixinalidade e calidade na resolución gráfica e na presentación.

10. Os traballos presentaranse baixo pseudónimo. Nun sobre adxunto pechado identificarase o participante: apelidos, nome, curso e grupo.

11. PRAZO E LUGAR DE PRESENTACIÓN: do mércores, 14 de xaneiro ao mércores 22 de abril de 2009, ámbolos dous inclusive. Os traballos presentaranse na Biblioteca do IES durante os recreos dentro do prazo citado e serán recollidos polo profesorado de garda na Biblioteca.

12. XURADO: O xurado cualificador estará integrado por catro membros representantes do equipo directivo, do Departamento de Educación Plástica e Visual e do equipo de Biblioteca.

13. PREMIOS: haberá un primeiro premio valorado en 70 Euros e un accésit valorado en 30 Euros, que poderían quedar desertos.

14. O/os traballo/os premiado/os quedarán depositados no Instituto e poderán ser utilizados por este sen ánimo de lucro.

15. A participación no Concurso supón a aceptación das presentes bases.

 

 

  1º PREMIO DO CONCURSO de
Marcapáxinas ou marcadores de lectura (CURSO 2007-08):

    Abel Costas Verde, 1º ESO E

 

 
   

 

 

 
 

II CONCURSO SAN VALENTÍN

 

Cóntanos o teu amor

 

BASES

1. PARTICIPANTES: O concurso está aberto a todos os alumnos e alumnas do centro, de forma individual.

2. Os/As participantes deberán presentar os seus traballos (narracións, poemas, teatro, cartas...) escritos a ordenador ou con letra lexible, en calquera das linguas estudadas no centro.

3. Os traballos presentaranse baixo pseudónimo. Nun sobre adxunto pechado, co propio pseudónimo no exterior, incluiranse os datos do participante: apelidos, nome, curso e grupo.

4. A súa extensión non poderá exceder un DIN A4 (folio) polas dúas caras.

5. PRAZO E LUGAR DE PRESENTACIÓN: do luns, 19 de xaneiro ao mércores 18 de febreiro de 2009, ámbolos dous inclusive. Os traballos presentaranse na Biblioteca do IES durante os recreos dentro de prazo citado e serán recollidos polo profesorado de garda na Biblioteca.

6. XURADO: O xurado cualificador estará integrado por membros representantes do equipo directivo, dos Departamentos de Linguas e do equipo de Biblioteca.

7. PREMIOS: haberá suculentos premios para os mellores traballos.

8.Os traballos premiados quedarán depositados no Instituto e publicaranse en formato impreso e dixital.

9. A participación no Concurso supón a aceptación das presentes bases.

 

Anímate a contar!

(Na biblioteca tedes múltiples libros para inspirarvos)

 

1º PREMIO DO CONCURSO DE CARTAS DE AMOR “SAN VALENTÍN”
(CURSO 2007- 2008)

 

CARTA A NINGURES

 

Somos como dous mares, distantes, que a cada paso que damos nos separamos o un do outro, tan só uns milímetros, moi pouco, pero dabondo para que ás veces os soños sexan o único capaz de reconstruír o noso camiño. Somos paralelas que non perseguen nada. Somos como dúas gotas de auga, que viven nun mar turbio, afastado. Un mar que non sentimos nin queremos como noso. Miles de moléculas cobren o meu camiño cara ti. Cara un soño que, como un azar incoherente, espero que poida facernos felices así, tan lonxe o un do outro.
Chove. A auga empapa os cristais. Algunhas gotas esvaran, senten o pulo que as leva cara un destino incerto. Ata o fondo fondo. O baleiro. Entón pecho os ollos e síntote. Así, tan preto, case ó meu carón, case podo tocarte, case non é un soño. E sinto, unha furia no meu corazón, unha mirada insondable, como o soño dun gato. Tan firme, decisivo, esperto. Desesperadamente inimaxinable. Es como unha luz na tumba dun morto. Por iso che pido, por favor, non marches aínda, non deixes así, as feridas tan abertas, a soidade nun puño pechado. Agarda, queda un pouco máis, co meu mundo e o meu soño inalcanzable. Coa miña tolemia e a miña inspiración covarde. Rompe a esperanza que me une a esta terra. Fica así, no lonxe, para que poida verte, como un home mira o ceo, con esa desesperanza, o temor e o desacougo, coa seguridade de que algún día, terá que cruzar ese confín.

Brais Martínez Basalo, 2º ESO C

 

 

 

 

 

 

A Biblioteca pola paz

 

             

 

30 de xaneiro: Día da Paz

O neno da Biblioteca

Non é o título dunha película, nin da última novela de John Boyne. O noso protagonista foi fotografado polo xornalista Gervasio Sánchez cando xogaba entre os cascallos da biblioteca de Sarajevo. O edificio que acubillaba dous millóns de libros fora destruído uns días antes polas bombas que diluviaban sobre a cidade asediada. As correntes levantaban as cinzas, mudas probas do voraz incendio que tamén ennegrecera libros e retorcera estantes. Edo Vosivcic con cinco anos fixo daquelas ruínas o seu particular parque infantil.

O neno da biblioteca e o neno do pixama a raias teñen moito en común, os dous son vítimas inocentes da barbarie humana. Igual que eles son millóns no mundo os nenos atrapados polas gadoupas dos centos de conflitos que alimenta a tolemia bélica dos adultos. Non é preciso desenterrar vellas historias para exemplificar o que afirmamos. Onte en Gaza, agora mesmo mentres les estas liñas en calquera lugar do que non queremos ou non podemos lembrar o nome.

Dicía o poeta Antonio Machado que é propio de cabezas medianas arremeter contra todo aquilo que non lles cabe na cabeza. Nas nosas cabezas (medianas, pequenas ou grandes) non caben as inxustizas, os odios, as guerras, a razón da forza... Porque apostamos pola forza da razón, porque queremos crer que o home non é un lobo para o home, porque confiamos no poder da palabra... queremos berrar, dende o máis fondo do noso corazón adolescente, hoxe e todos os días da nosa vida: NON MÁIS VIOLENCIA! PAZ! (mais non queremos a paz dos cemiterios, queremos a paz viva que nace da xustiza e do respecto aos demais).

Sabemos que o noso xesto e simbólico, que non somos quen de influír nos grandes centros de decisión pero queremos sementar un futuro mellor porque como dixo o poeta e novelista Abdulah Sidran “as palabras son grans. O que escribamos agora dará froito dentro de cincuenta anos”

Tamén, como non podía ser doutra maneira, a biblioteca do instituto únese aos desexos de paz universal. Oxalá en todo o mundo as letras substitúan ás escopetas e os libros aos canóns! Que as mulleres e os homes, as nenas e os nenos poidan gozar das bibliotecas, dos libros e da lectura, que poidan xogar nas bibliotecas, cos libros e coa lectura mais non entre cascallos como Edo Vosivcic, o neno da biblioteca!

 

       

 

 

 

 

O noso logo

1º premio do concurso para o logotipo da biblioteca
Autor:   Don Jorge Enríquez Méndez, alumno de 1º bacharelato B (curso 2006-07)

 

Presentándonos

Benvid@s ao noso espazo. Somos a biblioteca dun centro que, con interrupcións,  ten máis de cento cincuenta anos de historia. Nos últimos cursos emprendemos un proceso de posta en valor para converternos nun dos piares fundamentais do instituto. Incrementamos os fondos, aumentamos en progresión xeométrica o número de préstamos e consultas, ampliamos o horario de apertura, constituímos nove grupos de traballo distintos encamiñados a dinamizar e modernizar a biblioteca e as prácticas lectoras, formamos dous club de lectura, somos motores do proxecto lector de centro... No ano 2008-2009 quedamos integrados no PLAMBE o que permite beneficiarnos de maiores recursos e das experiencias que tantas bibliotecas escolares de vangarda ofrecen de xeito altruísta. Cómpre continuar por este camiño e para iso necesitamos de tod@s e contamos con tod@s. A vida da biblioteca dependerá dos folgos que tod@s queiramos darlle. Adiante compañeir@s e grazas a tod@s!.

Xuntos podemos.

QR Code

As túas consultas virtuais

 

 

 

 

 



by Dr. Radut