Skip to Content

Maio 2010

Balzac y la joven costurera china
de
Dai Sijie


La redoblada atención del Cuatrojos y su desconfianza para con nosotros, pese a nuestra amistad, acreditaban la hipótesis de Luo: la maleta estaba sin duda llena de libros prohibidos. Hablábamos a menudo de ello, Lúo y yo, sin conseguir imaginar de qué tipo de libros se trataba. (Por aquel entonces, todos los libros estaban prohibidos, salvo los de Mao y sus partidarios, y las obras puramente científicas.) Establecimos una larga lista de libros posibles: las novelas clásicas chinas, desde Los Tres Reinos combatientes hasta el Sueño en el Pabellón Rojo, pasando por el Jin Ping Mei, conocido por ser un libro erótico...


     Nas remotas rexións do oeste de Sichuan, Ma e Luo, dous rapaces chineses deben reeducarse nunhas condicións infrahumanas mais unha maleta con libros prohibidos de clásicos occidentais: obras de Balzac, Dumas, Stendhal, Baudelaire, Rousseau, Dumas, Victor Hugo... lévaos a descubrir un mundo cheo de poesía, sentimentos e paixóns descoñecidas e a facer dos libros unha valiosa axuda para conquistar á filla do xastre dun pobo próximo.
A novela mostra o valor do libro e da lectura como iniciación, como liberación e preséntanos a literatura como un instrumento para soñar con mundos afastados, inexistentes, imaxinarios, e transcender desa forma as nosas realidades cotiás.


Maio 2010

LIBERTÁ chamas nos ollos tristes nas caras do METRO
nos que xa perderon o futuro e ganan o pan con sobresalto
na gran cidade nos tesos cumes i en todo o silencio preguntando.

Vélante os xóvenes
i os que saben da morte e xuntan inseguranza e desamparo.
Cando vexo un neno penso en ti
e si oio un bruído sin nome coido que ti chegas i acude todo o sangre.
Todo bruído sin nome é un agoiro.


Uxío Novoneyra (1930-1999)

2 de abril

 

 LEMBRANDO UNHA MORTE E UN NACEMENTO
     O pasado venres os católicos celebraron a morte de Cristo, o pasado venres tamén -católicos e non católicos- lembramos o nacemento de Hans Christian Andersen festexando o Día Internacional da Literatura Infantil e Xuvenil. Por ser tempo de vacacións escolares será o próximo luns, día 12, cando esta efeméride sexa visible en moitos centros. En Tui, sendo festivo local o 12, trasladamos a celebración ao martes e trece (absterse supersticiosos!). E farémolo cun maratón de lectura para alumnos de 1º e 3º da ESO e coa presentación do manifesto para esta xornada, redactado polo español Eliacer Cansino, en tódalas demais aulas.

                                      Cristo de Benito Prieto                                                  Estatua de Andersen

(Benito Prieto foi profesor de debuxo do Instituto de Tui na época da II República)

 

     Presentamos unha escolma dos textos de literatura infantil e xuvenil cos que traballaremos:

 

Abril 2010

Xenaro e o misterio da mochila verde
de

Mar Guerra
Resulta que levaba almacenando obxectos na mochila verde desde moito antes de chegar ao Universal. A colección resultaba impresionante. Atopáronlle moreas de cousas raras: trastes, xoguetes, caixas, plásticos, pezas de roupa… Dentro do saco verde había  un pouco de todo, incluídas varias bolsas de pipas e garapiñadas. Iso si, cousas de escaso valor, ou rotas ou inservibles; bagatelas, trangalladas.
 
Un rapaz andaluz, Antonio, chega novo ao colexio onde estuda Xenaro Conese Maiúsculo e leva sempre unha gran mochila verde ás costas. Esa mochila desperta a curiosidade de Xenaro  e dos seus amigos que fan de detectives para resolver, entre outros, o misterio da mochila verde.

Abril 2010

No centenario do seu nacemento escollemos uns versos de Miguel Hernández (1910-1942):

 

Pirotécnicos pórticos de azahares,
que glorificarán los ruy-señores
pronto con sus noctámbulos ardores,
conciertan los amargos limonares.


Entusiasman los aires de cantares
fervorosos y alados contramores,
y el giratorio mundo va a mayores
por arboledas, campos y lugares.


La sangre está llegando a su apogeo
en torno a las criaturas, como palma
de ansia y de garganta inagotable.


¡Oh, primavera verde de deseo,
qué martirio tu vista dulce y alma
para quien anda solo y miserable!

 

 

Para saber máis sobre o poeta 

Día Internacional do Teatro

 

Talía e Melpómene, musas da comedia e da traxedia
 
 
O 27 de marzo celebramos o Día Mundial do Teatro, un momento axeitado para falar do teatro, en particular, como creación literaria interactiva e social e da cultura, en xeral, como motor económico nestes tempos de crise. Vexamos o que nos dí María Xosé Queizán, autora do:

MANIFESTO GALEGO DO DIA INTERNACIONAL DO TEATRO

Moitas persoas non poderíamos vivir sen a cultura, sen o coñecemento e o pracer que nos facilita a lectura, o teatro, a música, o cine...Pero, ademais sabemos por fiables e recentes estudos que a cultura en Galiza xera un PIB de case un 2%, está por riba do sector téxtil, do naval e do químico. É, daquela, tamén un ben económico, un sector productivo. As Institucións e as Autoridades, pois, ademais de estaren interesadas polo fomento da cultura no país, saben que é un sector estratéxico que crea riqueza. Son conscientes de este importante e amplo valor.

Entre as que máis progresaron ultimamente están as artes escénicas. O público asiste cada vez máis ao teatro confirmando as ansias de participación cívica. O teatro é un xénero político por excelencia, e leva a cabo unha actividade pública que mantén o compromiso coa realidade. Unha arte na que o proxecto é imprescindible. Para facer teatro é preciso ter unha historia, un conflicto, uns personaxes e un método sistemático para desenvolver a trama. Achegase máis que outros xéneros a un traballo científico.

Na comunicación directa co público é necesaria a comprensión. O teatro é a escola do mundo moral, ten unha gran responsabilidade ética. No escenario créase tensión, hai conflictos como na vida mesma. Ten carácter dialéctico, orixina unha oposición discrepante, un debate de ideas e de comportamentos.

Na acción escénica hai necesariamente movemento. O escenario é o espacio de aparición. Os personaxes son axentes transformadores que fan pensar en común ao público asistente, unido polos mesmos criterios e acontecementos. O teatro é público e move a conciencia colectiva, ten un carácter interactivo. Non é unha arte que se goce individualmente. É unha vibración común e pública. No teatro únese pensamento e acción; política e liberdade.

Velaí, clan do teatro, amigas e amigos do teatro, o gran papel que tendes nas vosas mans, nesta sociedade que tanta necesidade ten de acción, de progreso e de transgresión.

 

E xa que estamos en Tui, á beira do Miño, e xa que Caldelas pertence ao concello de Tui, lembremos neste día a que pasa por ser a primeira obra teatral escrita en galego: A contenda dos labradores de Caldelas ou Entremés famoso sobre a pesca no río Miño de Gabriel Feixoo de Araúxo (ano 1671): para o texto completo seguide este enlace.

E fagamos votos para que o noso Teatro Principal, un dos teatros históricos galegos, deixe de ser unha lamentable ruína e, reconstruído, recupere esplendores pasados!

         

Quen te viu e quen te ve!

SÓCRATES RESUCITA EN TUI

 ...formou un home do po da terra (Xénese, 2, 7)
 
As mans dun grupo de alumnos, orientados polos seus profesores de debuxo e asistidos polo artista local Rosendo, comezaron a modelar en barro o busto de Sócrates que, pétreo, presidirá un xardín tudense.

Un anterior busto socrático presidira o mesmo lugar nos meses previos á última Guerra Civil española.

Unha das consecuencias daquela barbarie foi o afundimento do citado busto no río Miño.

Hoxe, setenta e cinco anos despois, queremos ser humildes émulos do que fixeron en 1936 outro grupo de alumnos deste mesmo instituto de Tui, dirixidos polo seu profesor de debuxo e modelado Benito Prieto Coussent.

A todos eles, discípulos e mestre, a mellor homenaxe que podemos ofrecer é esta: volver o busto de Sócrates ao pedestal do que endexamais debeu ser arrincado; e imos conseguilo: a tarefa comezou.

   

 

  

Coas mans no barro

E para coñecer mellor a relación de Sócrates e Tui grazas a Benito Prieto:

 

Con P de Poesía e de Primavera

Cando o calendario estacional inicia a primavera tamén celebramos o

Día da Poesía.

mientras haya en el mundo primavera,
¡habrá poesía!

escribiu Bécquer quen tamén dixo:

podrá no haber poetas; pero siempre
habrá poesía.

Porque os tempos da primavera son chegados,

porque podemos non ser poetas

mais sempre hai poesía

presentamos esta pequena escolma para festexar o Día da Poesía

lendo, comentando, recitando ou

falando de Poesía.

 Alegoría da Poesía de Cesare Ripa

 

Primavera de Botticelli, Galería Uffizi , Florencia

 

I

     (Primavera)

A libélula
ascende, desce, ascende
e desaparece.

 

(Xavier Seoane, Na póla branca)
   

Noventa anos con Miguel Delibes

A piques de cumprir os noventa anos déixanos Miguel Delibes, nun día de marzo ao igual que o protagonista da súa novela Cinco horas con Mario. A literatura española, en xeral,  e a narrativa da postguerra, en particular, perden a un dos seus máis senlleiros cultivadores.


Hoxe finou o pai de Daniel el Mochuelo e Camila la Lepórida, de la Régula e Azarías, de Malvino e doña Resu, de Vítora e Quico, de Cipriano Salcedo e Catalina de Bustamante... Eles e tódolos demais protagonistas da súa vasta obra están de loito, nós unímonos a este loito tentando coñecer un pouco mellor a obra deste vallisoletano universal.


É proverbio latino: as verbas voan, o escrito permanece. Delibes, ao longo da súa vida, usou millóns de verbas, moitas voaron (igual que hoxe a súa existencia corporal) pero milleiros e milleiros delas fixéronse carne nos seus libros e habitan nas bibliotecas (na nosa tamén) e fan inmortal ao escritor. Aproveitemos o seu legado lendo algúns dos seus textos; no instituto atoparedes: La sombra del ciprés es alargada, El camino, Las ratas, Cinco horas con Mario, El príncipe destronado, Los santos inocentes e Señora de rojo sobre fondo gris.


Descanse en paz Miguel Delibes!

Delibes co seu inseparable xornal

A triste nova no Xornal de Galicia. Especial sobre Delibes no xornal El País

Un pequeno vídeo sobre o novelista:

 

Onde a Galipedia fala de Miguel Delibes
 
Miguel Delibes nos últimos tempos
 Delibes no Centro Virtual Cervantes.

Portadas dalgunhas das súas novelas

 Todos os capítulos da serie de RTVE "El Camino" ao teu dispor aquí.

 Fragmentos da película "Los Santos inocentes":

 

 

 

Día Internacional da Muller

Lembramos a data do 8 de marzo presentando unha pequena mostra de traballos feitos polas bibliotecas escolares galegas.

 O IES "Río Cabe" achéganos este cartel:

 O CEIP Progreso de Catoira oferta unha mostra didáctica sobre mulleres científicas ao longo da historia que podedes ver nesta presentación.

 O blog trafegandoronseis, nunha entrada do 15/04/09, presenta o portal Escritoras españolas dentro da biblioteca virtual Cervantes.

A UIMP suministra o interesante título: Mulleres que fixeron historia

Tamén atoparedes moita  información sobre a efeméride de hoxe neste enlace

 Xa que estamos no Ano do Libro e da Lectura en Galicia cómpre salientar  esta presentación (aínda que con algúns erros) sobre Mulleres e Lectura

 
 Moitas mulleres no mundo non poden celebrar o 8 de marzo, un exemplo témolo en Afganistán. Loitemos coas armas da cultura e da palabra para que as mulleres de todo o mundo vexan recoñecidos e respectados, en igualdade cos varóns, os seus dereitos!


by Dr. Radut