Skip to Content

De amore

Febreiro 2011

Vredaman
de
Unai Elorriaga

Mateo, cada vez que entraba na biblioteca a roubar un libro, levaba unha cartolina no peto. Adoitaba ser unha cartolina de color rechamante: vermella, verde fosforescente, amarela. E deixábaa no mesmo andel do que substraera o exemplar. E escribía: “Roubei este libro”. Deseguido, anotaba na cartolina o nome do autor, o título, a editorial, o ano de publicación, e se aínda lle quedaba algo de tempo, o código de identificación.
   
    Obra de lectura doada que contén historias con protagonistas excéntricos e peculiares para reflexionar sobre os seres humanos. Todas as historias xorden a carón de Tomé, un neno que debido a circunstancias familiares  pasa o verán na casa dunha tía. Historias de parentes e amigos: un avó ebanista que se burla da hipocrisía e da necesidade de aparentar, un tío que quere recuperar o espírito comunal do deporte, unha muller que tivo un mozo durante corenta anos, pero nunca chegou a casar con el e unha tía que anda na procura dun  raro exemplar de cabalo do demo azul.

Febreiro 2011

AMOR ES...

Amar la gracia delicada
del cisne azul y de la rosa rosa;
amar la luz del alba
y la de las estrellas que se abren
y la de las sonrisas que se alargan…
Amar la plenitud del árbol,
amar la música del agua
y la dulzura de la fruta
y la dulzura de las almas dulces….
Amar lo amable, no es amor:

Amor es ponerse de almohada
para el cansancio de cada día;
es ponerse de sol vivo
en el ansia de la semilla ciega
que perdió el rumbo de la luz,
aprisionada por su tierra,
vencida por su misma tierra…

Amor es desenredar marañas
de caminos en la tiniebla:
¡Amor es ser camino y ser escala!
Amor es este amar lo que nos duele,
lo que nos sangra bien adentro…

Es entrarse en la entraña de la noche
y adivinarle la estrella en germen…
¡La esperanza de la estrella!…

Amor es amar desde la raíz negra.
Amor es perdonar;
y lo que es más que perdonar,
es comprender…
Amor es apretarse a la cruz,
y clavarse a la cruz,
y morir y resucitar …

¡Amor es resucitar!


Dulce María Loynaz (1902-1997)

Manifesto Día da Paz 2011

CHEGARÁ UN DÍA
(Paráfrase de Canto á Liberdade de X. A. Labordeta e Verdade que sería estupendo de Cómplices)

    Chegará un día no que todos vivamos nunha terra na que reine a PAZ,
no que  ricos e pobres, brancos e negros, mulatos ou mestizos unamos as mans nun xesto de PAZ,
no que sigamos un mesmo camiño,  xuntando os nosos esforzos nun común afán de PAZ.

    Chegará un día no que as armas calarán
e nos campos de batalla, cheos de sangue,
volverán engraecer mazarocas de PAZ,
dunha PAZ que, ao longo da historia, foi:
                                                                             unha breve paréntese,
                                                                             un bo propósito moitas veces malogrado,
                                                                             unha ilusión case nunca realizable.

    Chegará un día no que todos os nenos soldados estean no paro e as balas sexan rebuldeiros rapaces,
no que todos os exércitos queden licenciados e as escuadras só sexan ferramentas nas mans de carpinteiros e canteiros.

    Chegará un día no que os correspondentes de guerra non teñan traballo e as novas bélicas desaparezan dos xornais,
no que de todos os dicionarios caían vocábulos como:                                                                                                                                                                           xenreira,
                                                                                                   cainita,
                                                                                                   odio,
                                                                                                   terrorismo,
                                                                                                   violencia...
        e os verbos apuntar e disparar só signifiquen:
                                            pasarlle as preguntas do exame ao compañeiro e
                                            lanzar con forza a pelota á portaría.

    Chegará un día no que:
                        bomba equivalla a nova sorprendente,
                        serea  só designe ás mitolóxicas criaturas metade muller e metade peixe,
                        as granadas sexan apetecibles froitas e paus da baralla as espadas,
                        antiga moeda lusa os escudos e só foguetes festeiros a pólvora.

 


    Cando chegue ese día os cidadáns do mundo enteiro
seremos un pouco menos lobos
e un pouco máis humanos.

    Cando chegue ese día os escolares do mundo enteiro
xa non celebraremos a Xornada da PAZ,
todos os días do ano serán tempo de PAZ.

    Tamén pode pasar
que esa fermosa aurora
nin ti, nin eu, nin o outro
cheguémola ver
mais cómpre intentalo
para que poida ser.

    Que sexa como un furacán
que desenraíce os odios,
que faga xurdir a concordia
e que limpe os camiños
de séculos de barbarie
contra a PAZ.
 
 http://it.wikipedia.org/wiki/File:Peace_Sign_made_of_Garlic.jpg

Escolma Xornada Escolar da Paz 2011

Xaneiro 2011

 Vida y fugas de Fanto Fantini della Gherardesca

de
Álvaro Cunqueiro

 

   

 Fanto Fantini della Gherardesca comprobó una vez más que su cuerpo cabía exactamente dentro del hexágono inscrito en una circunferencia que había dibujado con tiza en el piso de la celda. Su rubio pelo rizado tocaba el lado superior del hexágono, mientras sus pies se apoyaban firmemente en el lado inferior... Fanto, desnudo, se tumbó en el suelo, dentro del hexágono dibujado con tiza. Conforme había desnudado su cuerpo, tenía ahora que desnudar su mente de todo lo que pudiese perturbar la acción que iba a realizar. Lo había logrado ya en anteriores ocasiones... Habían llegado el día y la hora... Fanto volaba como cometa hacia la puerta... Fanto rodó fuera, y con la violencia del golpe perdió el conocimiento. No pudo darse cuenta de que había asustado a unas ovejas pardas, y a unos cuervos que buscaban granos en una era recién sembrada. Una mujer gritó...
   
Ambiente do primeiro renacemento italiano. Mito, maxia, misterio, fábula e aventura mestúranse nas historias do poliédrico e ousado heroe Fanto, experto en incribles fugas coa colaboración de Lionfante, o seu cabalo, ou do seu can Remo.  


 E se queres outras obras do mesmo autor:

O ano do cometa,
As crónicas do sochantre,
Escola de menciñeiros e fábula de varia xente,
O incerto señor don Hamlet, príncipe de Dinamarca,
Merlín e familia,
Obra en galego completa,
Os outros feirantes,
San Gonzalo,
Si o vello Simbad volvese ás illas,
Xente de aquí e de acolá ...

Xaneiro 2011

                      A Galicia


      Óu Galicia, Galicia boi de palla
Canta lástima tèn de ti o Gaiteiro!
O aguillon que che menten è de aceiro
E con el muita forza te asoballa.
No lombo teu zorrega, bate e malla
Fasta o máis monicreque ferrancheiro,
E calesquer podenco forasteiro
Te vafa, de vergonza sin migalla!
Agarima alleeira eses ingratos
Ou vívoras que postas ò teu peito
Co ferrete che rompen mil buratos!
Si o sangre teu refugas do teu leito,
Malas novas, madrasta de insensatos,
Dos fillos teus ò amor non tès dereito.

(Xoán Manuel Pintos Villar, 1811-1876)

 

Biblioxornal 23

Aquelas pombas... non volverán!

Volverán as bulideiras pombas
no teu balcón os seus niños colgar,
e, outra vez, coa á nos seus cristais
xogando chamarán;
mais aquelas que o voo freaban           
a túa galeguidade e a nosa ledicia ao contemplar,
aquelas que celebraron o teu noventa e sete aniversario...   esas... non volverán!

 

 

Era o último venres de novembro cando emprendiches a viaxe cara a provincia da eternidade. Por iso as pombas que o pasado 7 de xaneiro festexaron o teu aniversario non volverán a viguesa praza de Compostela, onde vivías, para saudar os teus 98 anos.
Co teu pasamento os galegos perdemos a un dos nosos últimos patriarcas, a un indiscutible e indiscutido referente no compromiso coa nosa terra e a súa cultura. Que as bágoas derramadas pola túa ausencia fecunden a semente de galeguidade que nos deixas en herdanza para que agromen froitos vizosos nas próximas primaveras!
Varias veces, nas tenebrosas xornadas da longa noite de pedra, unha anónima voz telefónica lembrouche unha macabra mensaxe: sabe vostede que está vivindo con licenza do enterrador?. O desacougante aviso non foi quen para minguar o teu amor e o teu compromiso con Galicia. Grazas, don Paco!  

Agora que o sepultureiro xa fixo o seu traballo, cómpre que nós fagamos o noso: coñecer a túa traxectoria vital e a túa obra para poder seguir as túas pegadas.

saber o que outros persoeiros e moitos medios de comunicación dixeron de tí:

e quedarnos coa túa presenza e as túas verbas:

 

Na biblioteca atoparedes mostras das súas obras, por exemplo:

 

Don Paco, na vida e na morte, sempre galego bo e xeneroso!

 

 

 

 
O gaiteiro Carlos Núñez rende homenaxe musical a don Paco

 

A terceira Cervantes

matute xoven                     

A escritora de onte a hoxe

A finais do pasado novembro Ana María Matute resultou galardoada co premio Cervantes. Por terceira vez dende a súa institución o premio recoñece a tarefa dunha escritora: antes foron María Zambrano (1988) e a cubana Dulce Maria Loynaz (1992); dezaoito anos despois a escritora catalana e a primeira Cervantes do século XXI.  

 

Parabéns, escritora, con todo o noso cariño!                                                          dedicatoria

                                                      

 

 

 

Este é un bo momento, pois, para adentrarnos na súa biografía e, sobre todo, para reler ou ler a súa obra.
 
Accede, se queres, a súa páxina oficial ou ao que sobre a súa persoa e produción literaria recolle o xornal El País.
 


by Dr. Radut