Skip to Content

Outubro 2009

Desmayarse, atreverse, estar furioso,
áspero, tierno, liberal, esquivo,
alentado, mortal, difunto, vivo,
leal, traidor, cobarde y animoso;

no hallar fuera del bien centro y reposo,
mostrarse alegre, triste, humilde, altivo,
enojado, valiente, fugitivo,
satisfecho, ofendido, receloso;

huir el rostro al claro desengaño,
beber veneno por licor süave,
olvidar el provecho, amar el daño;

creer que un cielo en un infierno cabe,
dar la vida y el alma a un desengaño;
esto es amor, quien lo probó lo sabe.

Lope de Vega (1562-1635)

Premios do concurso "Ilustra as túas lecturas"

1º premio: Abel Costas Verde, 2º ESO C;

inspirado na páxina 143 de El herrero de la luna llena de María Isabel Molina, Alfaguara
Juvenil.

 
 
 

Premiados no Concurso "Cóntanos o teu amor"

Os alumnos finalistas e premiados do concurso foron:

Flavio Junio Granja (2º ESO E)

Melissa Domínguez Rodríguez (4º ESO B)

Mónica Durán Otero (4º ESO B)

Brais Martínez Basalo (accésit, 3º ESO C) e

María Cabaleiro Alfaya (1º premio,4º ESO B)

CARTA PARA TI (1º premio: María Cabaleiro Alfaya, 4º ESO B)

La estupidez es mi guía desde que te vi por primera vez. Ya no sé lo que debía hacer. Ya no entiendo lo que debía entender. Sólo sé y entiendo lo que siento por ti, el significado de tus palabras, la dulzura de tus caricias y el amor de tus besos.

Siempre te vi inalcanzable. Nunca pensé que podría volar en el mismo cielo que tú, pero tu magia hizo crecer mis alas, y ahora volamos juntos, con las manos entrelazadas buscando el ocaso.

Que le voy a hacer… si mis pensamientos se dirigen hacia ti cada día. Eres mi palacio de cristal, mi torre de marfil, mi refugio de un mundo real, mi sueño y mi realidad.

Ya no encajo en ningún sitio. Ya no encuentro el camino. Me he perdido en la senda, y mi mapa eres tú. Ya no quiero pensar ni imaginar, ahora lo entiendo. Sólo quiero escuchar el murmullo que el viento trae: tus palabras. También escuchar tu risa, y conocer tus ideas y pensamientos, tus deseos y sueños, tus alegrías y tristezas, tu valentía y tu miedo.

Que le voy a hacer… la vida es así. Conocí el amor cuando por ti lo sentí, y te doy gracias por existir, por llenar de luz mis días. Quiero compartir contigo las infinitas estrellas, la profundidad del océano y la inmensidad del universo, y que encontremos la franja que separa la luz de la oscuridad, la alegría de la tristeza, las lágrimas de las sonrisas y lo bueno de lo malo, los dos juntos.

Si te digo la verdad, dicha más grande yo nunca soñé, y estupidez más tonta nunca imaginé, pero como bien sabemos tú y yo, ésto es AMOR, Amor, amor…

 


 

LEMBRANZA (Accésit: Brais Martínez
Basalo
, 3º ESO C)
Lembro
un soño esquecido
entre a neboenta noite,
entre o tempo eterno,
a soidade,
a desesperanza.

Gardo,
unha palabra esmagada
no fondo do meu corazón,
un sentimento vivo e desfeito.
teño saudade dos recordos
daquel tempo onde as palabras
non se perdían entre a brétema escura
da miña murcha ilusión.

Sinto,
terte querido tanto.

Cando miro ós teus ollos,
quero chegar máis preto aínda,
de onde a vista poida camiñar,
quero chegar á tristura do teu ollar,
aínda máis preto,
a vida ardente do teu sorriso,
aínda máis preto,
sentir o pálpito da esperanza,
aínda máis preto,
a través do teu iris contemplar;
a mirada profunda,
a historia inacabada,
o soño fervente,
o camiño da miña vida:
a min mesmo.

¿Son eu así?
(Parte da nada e do todo,
un sendeiro perdido,
un intruso no meu propio sentir).
¿Son eu o que hai tras de ti?
(un reflexo sobre auga,
un espello tendido á alma,
un amor diáfano)
¿Es un soño?
(só o desexo,
a palabra,
a música da esperanza)

Quero crer na vida,
porque cando pecho os ollos,
aínda escoito o latexo
do soño esvaecido,
da palabra que deixei morrer,
amor perdido entre as sombras da lembranza.

 

O noso Proxecto Lector

O equipo de biblioteca organizou e supervisou o proxecto lector de centro partindo das observacións e suxestións recollidas trala experimentación feita no último trimestre do curso pasado e despois dos debates e posta en común previa efectuada tanto na CCP como no claustro.

Correspondeu aos distintos departamentos desenvolver as accións concretas para mellorar as capacidades lectoras nas respectivas áreas.

A tarefa principal da biblioteca consistiu en proporcionar recursos, artellar, supervisar e avaliar a actividade máis visible do proxecto: un tempo específico común e universal de lectura nas aulas que consistiu en vinte minutos semanais comezando na primeira hora dos luns e rotando ata rematar na última hora dos mércores, foron un total de vinte sesións de lectura en voz alta (houbo un descanso ao final de cada trimestre durante os períodos de exames finais de cada avaliación) entre os meses de outubro e maio.

As lecturas ofertadas foron as que se recollen abaixo. Tendeuse a ofrecer, sobre todo nos niveis da ESO, narracións de carácter breve ou distribuídas en pequenos capítulos para que nos vinte minutos se acadase un sentido completo e non quedasen textos desconectados dunha semana para outra.

1º ESO

Antoloxía do conto popular galego (ed. de Enrique Harguindey e Maruxa Barrio),

La máquina maravillosa
(Elvira Menéndez),

El fantasma del valle
(Alan C. McLean).

2º ESO

El gato negro (Edgar Allan Poe),

El entierro prematuro
(Edgar Allan Poe),

El caballo de ébano
(Las Mil y una noches),

Das cousas de Ramón Lamote
(Paco Martín),

Das novas cousas de Ramón Lamote
(Paco Martín),

As aventuras de Breogán Folgueira
(Dario Xohán Cabana),

Catapulta
(Alfonso Álvarez Cáccamo)

3º ESO

Antoloxía do conto galego do século XX (ed. de Luis Alonso Girgado),

Movida na biblioteca
(Josep Gregori),

Los enigmas de Leonardo
(Marisol Ortíz de Zárate)

4º ESO

El clérigo malvado (H.P. Lovecraft),

En la cripta
(H.P. Lovecraft),

La aventura de la casa vacía
(Arthur Conan Doyle),

Perigo vexetal
(Ramón Caride Ogando),

O Pausiñas
(Roque Cameselle,)

Fortunato de Trasmundi
(Darío Xohán Cabana),

Xente no rodicio
(Xosé Neira Vilas),

O siñor Afranio ou como me rispei das gadoupas da morte. Memorias dun fuxido
(Antón Alonso Ríos)

1º BAC

Corredores de sombra (Agustín Fernández Paz),

La mujer en los textos literarios
(ed. de Carmen Servén e outras).

2º BAC

Platero y yo (Juan Ramón Jíménez),

Retrato en sepia
(Isabel Allende),

Mr. Vértigo
(Paul Auster),

As mulleres na filosofía
(Inés Fernández Buján)

A partir dos comentarios, incidencias, observacións e suxestións efectuadas ao remate de cada sesión e da avaliación final da actividade dedúcese:

 

a) Unha altísima satisfacción do alumnado e profesorado (maioría absoluta de valoracións positivas e moi positivas), propóndose –con certa reiteración- a ampliación do tempo de lectura que, con carácter individual, foi experimentado por algúns profesores.

b) Satisfacción máis matizada no caso das lecturas escollidas. Dificultades de vocabulario ou temáticas pouco axeitadas aos gustos dos adolescentes obrigaron a facer cambios sobre a marcha.

c) Resulta complexo casar e poñer en práctica todas as suxestións e gustos expresados pero, de cara ao vindeiro curso, poderemos avanzar neste camiño se reservamos algunhas xornadas para lecturas de carácter silencioso e libre (que sexan os propios lectores os que poidan traer dos seus fogares as súas lecturas preferidas), ofrecendo a biblioteca un abano de materiais aos que por calquera circunstancia carezan deles.

 

Biblioxornal 16

Biblioxornal 15

Premios nacionais da crítica

Premios nacionais da crítica 
   Chus Pato
   Marcos S. Calveiro

Un xurado de alumnos

O premio de narrativa "Arcebispo Juan de San Clemente" proponse converter a alumnos de bacharelato en protagonistas á hora de outorgar un Premio Literario. O xurado deste premio está formado por alumnos do IES Rosalía de Castro de Santiago, organizador do premio, e de catro institutos máis, elixidos por sorteo, un de cada provincia galega. Isto é o novidoso do premio, pois normalmente os mozos de as mozas son os grandes esquecidos dos xurados literarios e eles poden ter uns gustos e unhas opinións moi diferenciadas que non debemos ignorar.


A XIII edición tivo como Xurado aos alumnos dos Institutos:


  • Cacheiras de Teo

  • Luis Seoane de Pontevedra

  • Foz de Foz

  • Xermán Ancochea Quevedo de Pobra de Trives

  • Rosalía de Castro de Santiago

 

Haruka Murakami  María Reimóndez   Vicente Molina Foix

 

A XIV edición tivo como Xurado aos alumnos dos Institutos:

  • Camilo José Cela de Padrón

  • Pintor Colmeiro de Silleda

  • Nosa Sra. dos Ollos Grandes de Lugo

  • Lauro Olmo de O Barco

  • Rosalía de Castro de Santiago

Anxos Sumai             Julian Barnes               Luis Landero

 Xurados (edicións XIV e XIII)
 
 

Biblioxornal 14

Biblioxornal 13



by Dr. Radut