Skip to Content

CURSO DE ACREDITACIÓN DIXITAL PARA PERSOAS ADULTAS

Despois do éxito dos cursos realizados durante o mes de xullo, no mes de outubro impartiranse dous novos cursos de alfabetización dixital orientados a persoas adultas que non estean integrados no sistema educativo. 

Celebrarase de martes a xoves, de 18.00 a 20.00 horas,  un deles no edificio principal e o outro no edificio das Mariñas, por docentes do IES Rego de Trabe.

É de carácter gratuíto, por estar financiado polo Fondo Social Europeo (FSE)

INSCRICIÓNS: cubrir este formulario antes do 30 de setembro

Para maior información dirixirse ao IES Rego de Trabe, de 9.00 a 13.30 horas de luns a venres, ou os luns de 16.30 a 17.45 horas, ou chamar tamén nese horario ao 881 960 801.

 



page | by Dr. Radut