Skip to Content

INFORMACIÓN SOBRE ACTIVIDADE DOCENTE

Agardando por instrucións da Consellería de Educación, a actuación dos equipos docentes do IES Rego de Trabe será como segue:

  • O profesorado seguirá en contacto co seu alumnado segundo as canles previstas.
  • O profesorado fará un seguimento do seu alumnado e indicará quen non se teña conectado en toda a semana na área da que sexa responsable. Para iso usará as faltas de asistencia:
    • Unha falta de asistencia nunha asignatura significará que o alumno ou alumna non se ten conectado co profesor/a correspondente na semana anterior.
    • O departamento de orientación irase poñendo en contacto coas familias dese alumnado, para detectar a orixe desa falta de conexión e tratar de poñer remedio.
  • As tarefas entregadas polo alumnado dende a cancelación das clases presenciais serán tidas en conta positivamente; é dicir, valerán para subir a nota conseguida ata a segunda avaliación polo que é moi recomendable a súa realización.
  • Alguhas materias impartiranse por videoconferencia. Poderán consultar o horario destas clases on line no calendario de exames do grupo respectivo, ao que se pode acceder desde a pestana situada na parte superior desta páxina.
  • Recórdase a importancia de facer un uso correcto e responsable das ferramentas dixitais (aula virtual, videoclases...) para evitar efectos perxudiciais.


page | by Dr. Radut