2018/19

CONCURSO RELATO CURTO ABRIL

Un mes máis seguimos a presentar os relatos gañadores do concurso de relato curto. Se queres ler os gañadores do mes de abril , preme nos cursos seguintes:

4º A

4º B

4º C

Noraboa e a presentar o do mes de maio que xa é o último!

 

Principal.png

VISITA AO ESPAZO DA MEMORIA DE SALCEDA DE CASELAS

O pasado martes 30 de abril o alumnado de 4º de ESO camiñou desde o instituto ata a parroquia da Picoña para visitar o monumento aos represaliados de Salceda de Caselas. Está situado na senda do río Caselas á beira do muíño de Marcial, no límite entre San Xurxo e A Picoña.

“O espazo da memoria” foille dedicado aos catro canteiros da Picoña (Ángel Cabaleiro, Gabriel Besteiro, Benito Antonio Cabaleiro e Manuel Domínguez), que foron asasinados o 21 de novembro de 1936, e ao resto de torturados, encarcerados, expoliados ou asasinados por defender o réxime legalmente establecido.

Para explicarlles todos os datos que hai recollidos en torno aos catro canteiros e ao resto de vítimas da represión de Salceda de Caselas, achegáronse ata o lugar dous expertos na materia: o alcalde de Salceda de Caselas, D. Marcos Besada, e o historiador D. Xosé Ramón Paz Antón.

Para pechar o acto, cada alumno/a foi agasallado cun exemplar do libro Salceda de Caselas republicana 1936, título que vén de publicar Paz Antón recentemente.

 

VISITA AO ESPAZO DA MEMORIA DE SALCEDA DE CASELAS

CONCURSO RELATO CURTO MARZO

E xa temos os relatos gañadores do concurso de relato curto do mes de marzo. Se os queres ler, preme nos seguintes enlaces:

4º A

4º B

4º C

Noraboa e a seguir participando. Só queda abril e maio!

CONCURSO RELATO CURTO MARZO

CONCURSO RELATO CURTO FEBREIRO

Un mes máis seguimos a presentar os relatos gañadores do concurso de relato curto. Se queres ler os relatos gañadores do mes de febreiro, podes facelo premendo no curso:

1º B

1º D

4º A

4º B

4º C

Noraboa e a seguir participando!

CONCURSO RELATO CURTO FEBREIRO

DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO

O día 24 de febreiro cumpríronse 182 anos do nacemento de Rosalía de Castro, un dos piares imprescindibles no Rexurdimento poético da nosa lingua. Para celebralo, no IES Pedras Rubias fixemos o concurso Haikus para Rosalía. Os participantes debían presentar un poemario composto por cinco haikus, como mínimo , con vocabulario de Cantares Gallegos. Opcionalmente, podían ir acompañados dun haiga, unha ilustración relacionada coa temática tratada.

O luns 25 de febreiro penduramos un cadro coa figura da escritora, realizado por Lara Lars coa técnica de collage e lemos algúns dos haikus premiados presentados a dito concurso.

 

A sensación,

de acariñar as nubes,

ou a túa man.

 

Constantes lúas

enrugaron a pel,

pero nunca a alma.

 

Noite de lúa

ollos cheos de bágoas.

Avó, onde estás?

 

É o lóstrego

quen causa ese tremor

é o meu medo.

Posta de sol

fas que perda a razón

se volve a lúa.

 

Aínda sinto

as follas secas baixo

os meus dedos.

 

Na beira do mar

mar lonxe e mar quedo

os ollos que observan

 

Van entre nubes

paxariños do amencer

lévaos o vento.

 

O xurado non o tivo fácil para seleccionar os gañadores/as. Logo de moito deliberar, acordou proclamar vencedores/as aos seguintes alumnos/as:

 

 MELLORES POEMARIOS:

 

  • 1º PREMIO: TESSA e ROMA
  • 2º PREMIO: MIAU
  • 3º PREMIO: XEITOSIÑA

 

PREMIO AO HAIGA OU ILUSTRACIÓN: GOLDEN

 

Noraboa!!

DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO

GAÑADORAS RELATO CURTO MES XANEIRO

Noraboa ás gañadoras do Concurso de relato do mes de xaneiro. Podedes ler os relatos pinchando abaixo. Seguide así.

3ºA

3ºB

Principal.png

GAÑADORES/AS CONCURSO CHÍOS CON AMOR

Está claro que no IES Pedras Rubias reina o amor. E proba disto é a numerosísima participación no Concurso Chíos con amor. Nesta edición presentáronse 63 chíos, 6 de 1º ESO, 9 de 2º ESO, 5 de 3º ESO e 43 de 4º ESO. 

O xurado tivo unha ardua tarefa para seleccionar os gañadores/as. Logo de deliberar e deixar deserta a categoría de 2º ESO por presentar as mensaxes en castelán, acordou proclamar vencedores aos seguintes alumnos/as:

1º ESO: Sofía Rodríguez Amil

3º ESO: Daniel Rodríguez Groba

4º ESO: Ariadna Álvarez Ramírez e Yashira Álvarez Ramírez.

Noraboa e grazas a todos/as pola vosa participación.

Lembrade que o luns 18 agardámosvos na biblioteca para facer entrega dos premios!

 

GAÑADORES/AS CONCURSO CHÍOS CON AMOR

Mércores 13 de febreiro: Día Mundial da Radio

Escoita a programación en directo no seguinte ENLACE

Powered by Drupal - Design by artinet