2011/12

Entrevista a Celso Fdez Sanmartín en Onda Raia

Entrevista a Celso Fdez Sanmartín. Un home que conta, e que ben conta! Tivémolo aquí no instituto facendo unha sesión de contos para os de 2º ESO.  Unha viaxe preciosa polos contos da nosa terra. Un home con talento, un home que dá gusto escoitar! Grazas, Celso, polo teu ben contar!

Unha parodia sobre a selectividade!

Este programa é unha parodia sobre a selectividade, esa proba que moitos alumnos/as teñen que realizar para acceder á universidade. Hugo, Brais, Pablo...encárganse de ironizarsobre este tema tan serio facéndose pasar por reporteiros e por estudantes de selectividade.

Pantasmas, vampiros e outros seres

Pantasmas, vampiros e outros seres

Os alumnos/as que forman parte do grupo de teatro Mutis polo Foro atrevéronse cunha representación de Drácula, na que o terror mezclábase co humor; ademais representouse a obra de Fernando Almena "A última" na que os actores protagonizan unha tráxica noite de marcha; todo iso foi acompañado do mundo circense co "espectáculo máis grande da terra", obra anónima, que encheu de ledicia o salón de actos. Un ano máis, éxito total dos nosos actores, actrices.

Visita a Tui

Visita a Tui

Os alumnos/as de 2º da ESO remataron as súas saídas escolares deste curso coa tradicional visita a Tui onde fixeron un percorrido polas súas rúas, prestando especial atención a Catedral. Serviulles para aprender moito sobre estas rúas que lles son tan familiares.

Obradoiro de cómic con Abraham Carreiro

Obradoiro de cómic con Abraham Carreiro

O luns 14 de maio tamén tivemos un obradoiro de cómic para os máis pequenos/as do IES. Coa presencia de Abraham Carreiro puideron aprender moito sobre a arte da banda deseñada e desfrutar cos seus personaxes.

Xulia Alonso e o seu Futuro imperfecto

Xulia Alonso e o seu Futuro imperfecto

O  luns 14 de maio os alumnos/as de 3º e 4º da ESO  puideron asistir a unha charla moi especial e que nos tocou a todos a sensibilidade ao tempo que nos fixo un pouco máis comprensivos coas doenzas da xente, neste caso concreto, con toda a problemática derivada da sida. Xulia Alonso relata nesta novela o seu sufrimento provocado por esta enfermidade e as súas consecuencias mortais. Unha lección de fortaleza e  loita pola vida.

Celso Sanmartín cóntanos un conto

Celso Sanmartín cóntanos un conto

O venres 11 de maio os alumnos/as de 2º da ESO puideron disfrutar dos fermosos contos que Celso Sanmartín nos contou. Toda unha invitación a practicar máis a arte da oralidade. O noso programa de Ponte nas Ondas deste ano terá como invitado especial a Celso. Pronto vos daremos a coñecer o programa. Esperamos disfrutárades e moito desta sesión.

Catalogación das árbores do instituto

Catalogación das árbores do instituto

En colaboración co técnico de medioambiente do Concello, Suso, os alumnos/as da optativa de Bioloxía de 4º da ESO catalogaron, o venres 11 de maio, todas as árbores que hai no noso instituto. Esperamos polo resultado para dárvolo a coñecer.

Intercambio co IES de Cee

Intercambio co IES de Cee

O luns 7 de maio, organizado polo departamento de normalización, os alumnos/as de 3º da ESO visitaron o IES de Cee compartindo amizade cos rapaces e rapazas de alí.

Viaxe literario por Auria

Viaxe literario por Auria
O venres 4 de maio os alumnos/as de 4º da ESO foron a Auria (Ourense) visitar a catedral e facer o roteiro da Esmorga, puidendo disfrutar do Pórtico do Paraíso e a capela barroca do Santo Criso. Preto do xardín do Posío agardábanos Nati, actriz de Sarabela teatro e profe de galego, para guialos polo roteiro. Acubilladosos baixo a Ponte da Burga, percorreron fontes, igrexas, rúas e ruelas mentres Nati  explicaba diferentes aspectos da novela.

Powered by Drupal - Design by artinet