Lingua Galega

CONCURSO RELATO CURTO DECEMBRO

Xa na recta final destas vacacións de Nadal, publicamos os relatos gañadores do mes de decembro que, aínda que non foron moitos os participantes, por razóns máis que obvias, sempre contamos coas nosas alumnas incondicionais. Grazas mozas!

Aproveitade estes últimos días e vimos cargádevos de ilusión e de bos desexos para este 2022 que acabamos de comezar. 

Preme nos seguintes curso se queres coñecer as persoas gañadoras e ler os seus relatos:

1º D

2º B

3º C

Parabéns a todas e a seguir participando!!

CONCURSO RELATO CURTO DECEMBRO

CONCURSO RELATO CURTO NOVEMBRO

 

Cargados/as de exames e a piques de darlle a benvida ao mes do Nadal, publicamos os relatos gañadores do mes de novembro.

Se queredes ler os que resultaron gañadores, podedes facelo premendo no curso correspondente:

1º D

2º B

3º B

Noraboa ás gañadores e seguide participando!

Lembrade que podedes enviar os vosos relatos de decembro ata o 26 de decembo. Esperámosvos!

Felices Festas!!

 

EDDLG principal.png

DÍA DAS BIBLIOTECAS

 

Para conmemorar o Día das Bibliotecas o xoves 28 de outubro durante o recreo alumnado de 3º de ESO leu durante o programa especial de radio poemas e fragmentos narrativos de Florencio Delgado Gurriarán, autor que será homenaxeado nas Letras Galegas 2022.

As lecturas escollidas foron as que seguen:

 

  •  O poema de Florencio Delgado Gurriarán titulado “As xeiras do Castiro” (Iván Martínez 3º B).
  •  O poema “Compañeiros da miña xeración mortos ou asasinados” do libro Lonxe de Lorenzo Varela(María Bernárdez 3º C).
  •  Do poemario Cicatrices de Luís Seoane, o poema “As ratas” (Paula Acosta 3º B).
  •  Un fragmento de Era tempo de apandar de Ramón Valenzuela (Noa Pérez 3º B).
  •  Un fragmento do ensaio Sempre en Galiza de Castelao (Javier Rodríguez 3º B).

 

                        

Agradecémoslles a axuda técnica recibida ao profe Rubén e a Giulio de 3º A, sen os cales non sería posible facer esta actividade.

Agardamos que fose do voso agrado e gozásedes tanto coma nós. Ata a próxima!!

Podedes volver velo neste enlace.

 

EDDLG principal.png

CONCURSO RELATO CURTO

Un curso máis o departamento de Lingua Galega e Literatura puxo en marcha e deulle continuidade ao concurso de relato curto.

Nesta ocasión os relatos do mes de outubro debían comezar pola resposta que Florencio Delgado Gurriarán, autor das Letras Galegas 2022, deu nunha entrevista que lle fixeran non ano 1978: “Os motivos da miña saída son ben claros: os meus patentes sentimentos galeguistas e republicanos, tan cruelmente perseguidos”.

Se queres concultar as bases completas, podes facelo premendo en cartel.

Se o que desexas é coñecer os relatos gañadores do mes de outubro, preme en cada un dos cursos seguintes:

2º B

3º B

3º C

Moitas grazas a todos e todas as que participastes e noraboa aos gañadores/as.

A seguir a participar!!

 

EDDLG principal.png

BUSCA DO TESOURO

Nas Letras Galegas 2021 o alumnado do IES Pedras Rubias puido demostrar os coñecementos adquiridos na área de Lingua Galega e Literatura sobre Xela Arias, a autora homenaxeada este ano, dun xeito moi divertido, xa que nas sesións de Educación Física realizaron unha busca do tesouro.

O equipo gañador de cada aula resultou o que contestou correctamente as dez preguntas sobre a poeta no menor tempo:

EDDLG principal.png

CONCURSO RELATO CURTO MAIO

A menos dun mes para rematar o curso e coas axendas cheas de exames, traballos... cabería esperar que os ánimos fosen minguando, pero hai alumnado que non cesa na constancia e segue a participar no concurso de relato curto.

A continuación presentámosvos os relatos gañadores do mes de maio:

1º B

1º C

2º D

4º C

Noraboa, rapazas!

Moito ánimo, que non falta nada para as vacacións!!

CONCURSO RELATO CURTO MAIO

RECITAL DE POESÍA NA RADIO

O mércores 12 e xoves 13, durante as horas de lecer e recreo, alumnado voluntario de todos os niveis participou nun programa especial de Xela Arias.

O resto do alumnado puido seguilo en directo a través de Youtube na canle "Onda Raia Pedras Rubias".

 

Moitas grazas por realizar actividades tan fermosas e homenaxear a Xela Arias.

EDDLG principal.png

MARATÓN DE LECTURA

 O venres 14 de maio fíxose a lectura ininterrompida en voz alta do libro Xela Arias Poesía reunida (1982 – 2004), entre outros, durante o horario lectivo, na que participaron alumnado, profesorado e persoal non docente.

Agasallouse a todos os lectores e lectoras cun diploma.

Nesta ocasión tivo de especial que para cumprir con todas as medidas de seguridade saímos da Biblioteca e lemos ao aire libre no noso acolledor souto. 

Moitas grazas a todos e todas por facer posible un acto tan emotivo.

EDDLG principal.png

LETRAS GALEGAS 2021

 

A semana do 10 ao 14 de maio levaremos a cabo as seguintes actividades para celebrar as Letras Galegas:

1. Busca do Tesouro:

  • Participantes: todos os grupos.
  • Horario: nas clases de EF.
  • Días: de luns 10 a xoves 13.

2.Recital de poesía na radio:

  • Participantes: alumnado voluntario.
  • Horario:durante os leceres e recreos. Poderase seguir en directo a través de Youtube na canle "Onda Raia Pedras Rubias". 
  • Días: mércores 12 e xoves 13.

3. Maratón de lectura:

  • Participantes: toda a comunidade educativa. 
  • Lugar: no souto (se non chove) ou no porche da sala do profesorado (se chove).
  • Día e hora: venres 14 durante toda a mañá.

Ademais, na Aula Virtual habilitouse un espazo para as Letras Galegas no que poderedes atopar material diverso: biografías, vídeos, un pasapalabra, un libro Lim..., por se é do voso interese.

                                                 

EDDLG principal.png

CONCURSO RELATO CURTO ABRIL

Metidos no mes de maio e a voltas coas Letras Galegas que este ano se lle dedican a Xela Arias, publicamos os relatos gañadores do mes de abril.

Se queres ler os que resultaron gañadores, podes facelo premendo no curso correspondente:

1º B

1º C

2º D

4º C

Noraboa e a seguir participando, que só queda o mes de maio!

CONCURSO RELATO CURTO ABRIL

Powered by Drupal - Design by artinet