Escoita Onda_Raia

Programa especial 25 novembro 2018, día internacional contra a violencia de xénero

locutores e técnicos de 2ºC

 

Unha viaxe a través da música para combater a violencia de xénero. Cancións nacionais e internacionais, de diferentes estilos que reivindican ou homenaxean, a través das súas letras a liberdade, o respeto e a tolerancia.

Somos as alumnas/os de 2ºC: Sabela e Anxo os técnicos. Laura, Noelia, Candela e Uxía as que falamos... e cantamos!!

Entrevista aos gañadores do concurso do Samaín

Técnicos e locutoras de 2ºC

Entrevistamos en OndaRaia, no noso especial "Hora de Informar",  a algunhas alumnas de 2ºB, curso gañador do concurso do Samaín 2018.

As locutoras somos: Uxía, Noelia, Laura e Candela. Os técnicos, Anxo e Sabela.

 

LERIAS

 

"Os cinco de sempre" son: Alejandro Portela, Laura, Antía, Miguel e Diego de 2º C, do curso de oratoria. Neste programa fálannos de posibles preguntas hipotéticas que nos podemos facer nalgún momento da nosa vida. As respostas que nos dan poden servir, ou non, para sacarnos dalgunha dúbida.
LERIAS sen máis!

Mundo Milenial- oo mundo dos videoxogos

"Mundo milenial "son catro rapaces de 2º da ESO, formado por Gabriel Besada, Jonathan Pérez , Iago Sanchez e Víctor Soares, do curso de oratoria do IES Pedras Rubias.
Neste programa verémonos sumerxidos no mundo dos videoxogos.

Ata onde chega a realidade e a fantasía?

Cara a Cara en Ondarraia con Pablo Salgado

Cara a Cara é un programa de entrevistas que se realiza aos mércores en directo dende Ondarraia. Elas/es son: Marta Álvarez, Roberto Durán, Lara González, Ainhoa Losada, Marta Lemos.
Nesta ocasión visitounos Pablo Salgado, mestre de primaria e titor dos alumnos e alumnas que hoxe emiten este programa.

Dedicado a todos os seus "merluzos e merluzas"!!

Grazas, Pablo!

Ondas imprevistas!

Ondas imprevistas, son Rocío González, Noa Castelao e Noelia FErnández, de 2º ESO ,do curso de oratoria. Neste programa inventan historias a partir de palabras aleatorias. Trátase de facer que o xogo de palabras sexan improvisadas no mesmo momento da emisión. Creatividade, ficción e imaxinación que chegan ao subrrealismo absoluto!

os participantes do xogo son os alumnnos/as restantes do grupo de oratoria do IES Pedras Rubias

Os mellores da Radio

"Os mellores da radio", sonSofía González, Desiré Gómez, Sergio Pérez eDani Ricón, de 1º da ESO do IES Pedras Rubias. Alumnos/as  do curso de oratoria no curso 2017-2018

Rapaces e rapazas de 1º ESO, que  elaboraron este pequeno programa musical onde fan unha breve viaxe polas diferentes cancións e intérpretes que máis soaron na década dos 90. Un pequeno resumo dos grupos lexendarios nacionais e internacionais.

Entrevista a Carlos Álvarez- arquitecto

Carlos Álvarez, arquitecto de profesión, estivo nos micrófonos de ondarraia contándonos e compartindo as súas diferentes facetas. Arquitectura, entroido, deporte, música, teñen voz propia neste programa.

 

O magosto no Pedras Rubias

O magosto no Pedras Rubias

Programa especial sobre o magosto celebrado o pasado 31 de outubro no Pedras Rubias. Locutores/as e reporteiros/as especiais que mantiveron, en todo momento, a información en directo para agora retransmitila nas ondas de Ondarraia.

Día Mundial da Radio

Día Mundial da Radio

O 13 de febreiro celébrase o Día Mundial da Radiio, e dendo Ondarraia quixemos participar elaborando un programa especial "O misterio da radio de Sabeliña" no que se homenaxea a radio ao longo do tempo. Este programa será incorporado a unha plataforma de Radios Escolares que dende Ponte nas Ondas inicia o seu camiño nestes días. Disfrutade do programa:

Powered by Drupal - Design by artinet