2016/17

2016/17

De sendeirismo polo Landres e o Caselas

O 7 de abril, antes de marchar uns días de descanso pola Semana Santa, fixemos a nosa camiñata anual todo o alumnado e profesorado do instituto, para concienciar ao noso alumnado da importancia do exercicio físico, ao tempo que divulgamos o gusto pola natureza e o patrimonio do noso concello.

O recorrido escollido nesta ocasión, partindo como sempre dende o instituto en Parderrubias, foi seguir a ruta do río Landres para enlazar a continuación co río Caselas, recorrendo a súa senda até a Picoña.

De sendeirismo polo Landres e o Caselas

Visita aos Pazos de Salceda

10 e 11 de maio.  Como xa é tradicional,  neste mes visitamos Pegullal, Avalle e Picoña, os nosos pazos: espazos privados abertos polos seus propietarios  para nós; deferencia que agradecemos.

      Móvenos o desexo de coñecer ben os elementos patrimoniais do noso entorno, de familiarizarnos coa arquitectura pacega (complexos que conxugan ben a construción residencial con áreas de lecer, edificacións funcionais e aspectos simbólicos de relevancia)  e imaxinar o modo de vida fidalgo nos séculos de apoxeo, así como percibir o significado da súa decadencia e as diversas estratexias e situacións actuais de conservación ou recuperación dos edificios; ao mesmo tempo é ocasión inmellorable para introducirnos na heráldica.

             A visita foi unha situación, un intre, de aprendizaxe (recollemos datos, anotamos detalles, inscricións...), pero tamén de convivencia, axudados polo bo tempo primaveral.

            Por segundo ano, faltábanos a presenza querida do profesor Manuel Prego Español, experto guía que nos acompañou en tantas ocasións, ilustre e apaixonado defensor e divulgador das nosas antigüidades; amigo xeneroso. Recollemos de seguido un debuxo do Pazo de Picoña feito por el, o mestre das matemáticas, e que xa hai anos llo regalara ao instituto

 

 

“Todo se ha dormido.

Se ha dormido todo. La ventana. Y la nieve en la ventana (...)”

(Joseph Brodsky)

           

Mutis polo foro: O xogo da guerra

O venres 23 de xuño foi a actuación do grupo de teatro escolar do instituto, “Mutis polo foro”, que un anos máis, en dobre sesión actuou o último día do curso para mostrar os ensaio de todo un curso nese acto final. Este ano sumáronse ás representacións o club de lectura “Siareiros da palabra” que andiveron a preparar unhas versións das obras infantiles de Carlos Casares, no ano que se lle adicou o día das Letras Galegas, e que xa representaran previamente ao alumnado de 6º de primaria e aos nenos de infantil dos colexios de Salceda.

Toda a información no blog da biblioteca.

Mutis polo foro: O xogo da guerra

Festival de Nadal

O 20 de decembro celebrouse un Festival de Nadal, que presentou a novidade de ser organizado polos propios alumnos/as, concretamente polos que cursan a materia optativa de 4º da ESO "Iniciativa de Actividades Emprendedoras". Desenvolveron ao longo do primeiro trimestre un proxecto que consistía na organización dun acto festivo-cultural. Dende a cartelería até a selección dos distintos espcectáculos, así como a presentación da mesma gala correu da súa man.

Un gran traballo que se reflectiu no mesmo día do Festival onde houbo gran varieade de espectáculos. play-backs, percusión, música en directo, e até a representación dunha obra teatral preparada polo alumnado de Artes Escénicas, tamén de 4º da ESO.

Festival de Nadal

O carballo con botas

O luns 19 de decembro de 2017 celebrouse a colocación oficial dunha placa que contén un poema, escrito polo ex-bibliotecario e profesor de este instituto tantos anos Jose Luis. Coincidindo cos dez anos de vida do IES Pedras Rubias, e celebrando a plantación de dous carballos eses primeiros meses de vida do noso instituto, o mestre José Luis compuxo un fermoso poema laudatorio desas árbores que tantas cousas simbolizan dentro da vida educativa de Salceda de Caselas.

O acto comezou cunha pequena introdución por parte de Chefa, a directora. A continuación algúns alumnos/as do centro leron poemas dedicados aos carballos e dramatizaron o conto “O carballo con botas” de Anxo Moure. Finalmente Jose Luis, autor do poema; Chefa, actual directora; e Xesus, director naquel ano 2005.

Toda a información do acto no blog da biblioteca.

O carballo con botas

Semana matemática Imatxina

23 de marzo. Alumnos/as de 1º da ESO. Esta actividade consiste na asistencia por pequenos grupos rotatorios a diversos talleres de xeometría, aritmética, combinatoria, lóxica, cálculo, etc. , nos que os alumnos teñen que participar de maneira activa cos monitores.                                                                           

É unha actividade moi axeitada para espertar o interese dos alumnos polas cuestións matemáticas, ao seren presentadas dunha maneira lúdica e participativa, e incluso é moi pertinente para os alumnos con máis problemas de rendemento ou de motivación coa materia.

Semana matemática Imatxina

Medición topográfica

Relacionado co lema deste ano da Biblioteca "Base de exploracións", a partir da exposición de cartografía que organizamos, os departamentos de matemáticas e ciencias sociais organizaron unha saída ao Faro de Entenza o xoves 18 de maio para explicar como se realizan as medicións topográficas. Contamos coa colaboración desinterada dun topógrafo de Salceda, Julio, quen con tanta sabiduría e interés nos ilustrou nas técnicas de medición, facendounha demostración aos alumnos cos aparatos topográficos e xeodésicos: estación total, GPS, teodolito. Ademais realizouse unha pequena explicación sobre triangulación e vértices xeodésicos. Os alumnos de 4º da ESO que realizaron a saída puideron tomar contacto cunha actividade profesional e cun instrumental que podería suscitarlles interese ou curiosidade.

 

Medición topográfica

Tamén len... fin de curso

Neste curso 16/17 celebramos o décimo aniversario dunha das actividades máis queridas do noso instituto, o Tamén Len, esa media horiña mensual na que nos visita xente do arredor e comparte con nós a lectura dalgún libro que lles emocione especialemente. Pera superada esa celebración tan emotiva continuamos cos nosos invitados mensuais. Neste remate do curso tivemos uns invitados especiais: algúns dos profesores e profesoras que tantos anos pasaron neste instituto e que ben por xubilación ou ben por traslado de centro, nos abandonaron o curso pasado. Aquí vos deixamos enlace ao blog da biblioteca onde detallamos as súas visitas. Tamén nos lembramos de Rubén Fandiño, exalumno que nos visitou no mes de abril.

Tamén Len: Mª José e Luis Alonso

Tamén Len: Susana e Elisa

Tamén Len: Rubén Fandiño

Tamén len... fin de curso

Prevención Acoso Escolar

O 19 e 20 de xaneiro organizouse un taller na que se empregou unha metodoloxía activa para previr o acoso escolardende a perspectiva de xénero. As dinámicas grupais, mapas de empatía e videos para tartar o ciberacoso foron de gran interés para o alumnado. Disfrutaron aprendendo e sensibilizándose con este problema que preocupa tanto ás familias e profesionais da educación. Pódense visionar as fotos no blog de orientación colgado na web do instituto. A charla foi impartida por Alba Alonso Feijoo.

Prevención Acoso Escolar

Powered by Drupal - Design by artinet