Actividades

Alicia Borrás, autora de Nata y Chocolate

Alicia Borrás, autora de Nata y Chocolate

Alicia Borrás Sanjurjo, autora de Nata y Chocolate, visitounos o xoves 2 de febreiro, para falar do seu libro, pero iso non foi máis que unha desculpa para encher todo o noso instituto de cariño, caricias e apertas. Non podemos definir o acto de charla porque desde o mesmo momento en que entraron os alumnos de 1º da ESO no salón de actos houbo un intercambio verbal constante entre autora e lectores. Porque os presentes, lectores/as entusiastas do libro, expuxeron opinións e dúbidas sobre o libro, que Alicia foi respondendo tal  e como é ela, entusiasta, sensible, cariñosa, rebosando paixón pola lectura... Todo rematou cun intercambio de apertas e asinando libros, como podedes ver na foto, aos seus entusiastas lectores, agora xa fieis seguidores que esperan ansiosos a publicación da segunda parte de “Nata y Chocolate”.

Ruta Valle-Inclán

Ruta Valle-Inclán

O pasado 2 de febreiro os alumnos de 4º de ESO desprazáronse ata a Pobra do Caramiñal para coñecer de primeira man lugares importantes dentro da traxectoria vital do autor de Luces de Bohemia.

Os alumnos/as de 4º da ESO realizan a ruta literaria de Valle-Inclán

Os alumnos/as de 4º da ESO realizan a ruta literaria de Valle-Inclán

O xoves 3 de febreiro os alumnos de 4º da ESO achegáronse ata a Pobra do Caramiñal para visitar distintos lugares relacionados coa vida e obra de Ramón María del Valle-Inclán.

Podes consultar información dos diferentes lugares que visitaron na páxina do concello da Pobra: http://www.apobra.com/rutas/valle.html

Powered by Drupal - Design by artinet