Educación Física

Liga de recreos Báminton 2021

A vindeira semana comezamos a liga de recreos. Iniciamos con bádminton e, si todo funciona correctamente, continuaremos coa de ping-pong.

Deixovos o enlace cos cuadros da primeira fase.

Rematada a liga de bádminton e ping-pong deste ano tan atípico e cun resultado moi positivo de participación. Deixovos as clasificacións no arquivo adxunto

Durante o mes de abril e maio iniciamos a Liga de Recreos de Fútbol-sala. 

DÍA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

Este curso secundamos a iniciativa da VIII Andaina solidaria contra a violencia de xénero, implicando voluntariamente tanto a alumnado, coma a docentes e persoal da nosa comunidade. O evento foi organizado pola Secretaría de Igualdade da Xunta de Galicia e levouse a cabo os días anteriores e posteriores ao 25N (do 22 ao 30 de novembro).

                 

Por mor da situación sanitaria non foi posible facer todos xuntos a andaina, senón que sumamos os quilómetros por separado: por un lado o alumnado na materia de Educación Física, e por outro o profesorado e persoal non docente nos seus lugares de residencia.

                                                

EDDLG principal.png

Apuntes 2º avaliación alumnos de 2º ESO

Posto que moitos dos alumnos de 2º ESO non lembrades o contrasinal da aula virtual vouvos por aqui os apuntes que van a entrar no exame teórico que teremos á volta.

É plasmar a teoría do que fixemos nas clases así que non vos resultará nada difícil.

Espero que, ademais de ler os apuntes fagades algo de exercicio (algún dos circuitos que puxen non estarían mal).

Saúdos e que o levedes o mellor posible NA CASA

Calendario de partidos da liga de recreos de Balonmán

No ficheiro están postos os partidos de balonmán a xogar entre febreiro e marzo.

Powered by Drupal - Design by artinet