2018/19

O lavadouro

O luns 17 de xuño, en doble pase, o profesorado que forma parte do grupo de teatro "Mutis polo foro" representou unha versión da obra "De domingo a domingo" de Xosé Manuel Ogando Montes, coñecido como "Coco Montes" (Colección de Teatro Escolar "A Pinguela", ed. Fervenza, nº 93, Galicia-2016), máis algún fragmento de "Os vellos non deben de namorarse" de Castelao.

 

Deixámosvos un vídeo con algúns intres da representación.

 

Entroido 2019

GAÑADORES 2019

1º DISCOTECA  87 ptos

2º VIS A VIS   81 ptos

3º BABYLANDIA  77 ptos

4º OS CAMPESIÑOS  73 ptos

5º NAS MAREAS  72 ptos

Entroido 2019

Calendario Xeral de Setembro

·      Exames de recuperación: 2 e 3 de setembro en horario de mañá  e de tarde.

·      Avaliacións:  4 setembro

·      Entrega de notas : 5 de setembro ás 10:00 h.

·      Período de reclamacións: 6 e 9 de setembro de 12:00 a 13:00

·      Matrícula: ata o 10 de setembro

·      Primeiro día de clase: 16 de setembro de 10:30 a 12:00

TEATRO MUTIS POLO FORO

O venres 21 de xuño foi a actuación do grupo de teatro escolar do instituto, “Mutis polo foro”, formado por alumnado de 3º e 4º de ESO.

Un anos máis, en dobre sesión, actuou o último día do curso para mostrar os ensaio de todo un curso nese acto final.

Nesta ocasión, en conexión co proxecto En paradoiro descoñecido, adaptaron a obra de Carmen Domingo Só son mulleres (Només són dones), Fundación SGAE, 2018.

Na peza reflexionouse sobre o sufrimento das vítimas instantes previos ao seu fusilamento e escenificáronse execucións de mulleres.

 

 

HISTORIA DE VIDA DOS AVÓS E AVOAS

O alumnado de 4º de ESO realizou esta actividade (que no noso centro xa leva en marcha desde vai dez anos) na que entrevistou os seus avós e avoas (ou outros parentes, achegados, veciños... de idade)  e elaboraron unha historia das súas vidas a partir dun cuestionario previo, rexistrando os datos e elaborando un relato da infancia, da asistencia á escola, das condicións de vida, do traballo, da vivenda..., relato que vai acompañado dun arquivo fotográfico dun inmenso valor testemuñal.

Este curso, en contribución co proxecto En paradoiro descoñecido fíxose especial fincapé nas vivencias e nas consecuencias da Guerra Civil.

Os múltiples testemuños recollidos ao longo dos anos foron fonte de inspiración para o escritor e historiador D. Xosé Ramón Paz Antón, que os recolleu e plasmou en dous libros publicados en 2019 sobre Salceda de Caselas: Salceda de Caselas Republicana 1936 e Historia da educación en Salceda de Caselas, este último presentado no IES Pedras Rubias o pasado 5 de xuño.

 

17 DE MAIO: DÍA INTERNACIONAL CONTRA A HOMOFOBIA, A TRANSFOBIA E A BIFOBIA

17 DE MAIO: DÍA INTERNACIONAL CONTRA A HOMOFOBIA, A TRANSFOBIA E A BIFOBIA

 

O IES Pedras Rubias manifesta a súa posición de apoio e defensa da diversidade afectivo sexual e da identidade de xénero.

Vémolo na actividade colaborativa que realizou o alumnado de 1º ESO-D, pintando as escaleiras da fachada do edificio coas cores da "bandeira arcoiris", icona da comunidade LGBTIQA+:

   

 

XV XORNADA DE ESCULTURAS DE AREA na praia da Lanzada

XV XORNADA DE ESCULTURAS DE AREA na praia da Lanzada

Organizada polo IES Monte da Vila

22 de maio de 2019

 

O alumnado de 3º ESO participou nunha xornada de convivencia con arredor de 800 alumnos e alumnas de secundaria de centros educativos de toda Galicia.

 

Despois de traballar en clase de Educación Plástica, Visual e Audiovisual o tema proposto para este ano _a Arte Africana_, fomos á praia a realizar en area e en gran formato as nosas propostas de aula. Velaquí unha mostra de como comezamos...:

GAÑADORAS CONCURSO MARCAPÁXINAS

 

O pasado 7 de xuño tivo lugar na biblioteca a entrega de premios ás gañadoras deste concurso.

O alumnado participante tivo que presentar un marcapáxinas que por un lado tivese unha ilustración que fixese referencia a Antón Fraguas Fraguas, e polo outro lado, unha cita do mesmo autor.  

E unha vez máis, tal como xa nos teñen acostumados, as irmás Álvarez Ramírez de 4º ESO resultaron as vencedoras:

  •  1º PREMIO: AriadnÁlvarez Ramírez (4º C)

  •  2º PREMIO: Yashira Álvarez Ramírez (4º B)

Noraboa e grazas pola vosa participación.

 

GAÑADORAS CONCURSO MARCAPÁXINAS

Valle-Inclán: Gallego Universal

O alumnado de 4º da ESO desde a materia de "Lengua y literatura castellana" participou no Certame de Cooperativismo no Ensino cun traballo de investigación sobre a vida e obra do escritor Ramón María del Valle-Inclán e a súa vinculación con Galicia.

 O traballo consistiu na elaboración dunha serie de vídeos nos que se divulga a vida e obra do autor galego, un dos escritores universais en lingua castelá.

 Despois de investigar sobre a súa vida e a súa obra o alumnado de 4º da ESO elaborou uns guións que explican a súa biografía relacionada cos distintos lugares nos que viviu, deténdose nos espazos galegos que formaron parte da súa su traxectoria vital. Ademais explicaron as distintas etapas da súa obra e seleccionaron unha serie de fragmentos dos seus libros máis representativos.

 Unha vez gravados os distintos vídeos, algúns deles desprazándose até os mesmos lugares onde viviu Valle-Inclán, preparouse unha páxina web e uns cartaces físicos desde os que poder acceder a todo este material mediante códigos “qr”.

Podes ver o traballo no seguinte enlace: VALLE-INCLÁN GALLEGO UNVERSAL

Valle-Inclán: Gallego Universal

CONCURSO RELATO CURTO MAIO

E cos relatos do mes de maio, chegamos ao remate do concurso de relato curto deste curso 19-20. Preme nos seguintes enlaces para ler o gañador de cada grupo deste mes:

4º A

4º B

4º C

O departamento de Lingua Galega e Literatura agradece a participación de todas e todos os que concursastes ao longo do curso, en especial a Diego Plaza (4ºA), Yashira Álvarez (4º B), Ariadna Álvarez (4º C) e Noelia González (4º C) por ter participado de forma incondicional todos os meses.

Noraboa e sorte nese futuro prometedor de escritores e escritoras que vos agarda!

Principal.png

Powered by Drupal - Design by artinet