2014/15

Tamén len... en xuño os nenos e nenas do CRA A Revolta

Tamén len... en xuño os nenos e nenas do CRA A Revolta

O pasado xoves 4 de xuño organizamos un Tamén Len especial no que invitamos os pequenos do CRA da Revolta para compartir un recreo cheo de historias teatralizadas, coa intención de manter a colaboración que comezamos o ano anterior cos CONTACONTOS e de relacionarnos con diferentes persoas da nosa contorna -sexan xóvenes ou maiores- e compartir con elas a lectura para contribuír a fomentala.
 
Máis información no Blog da Biblioteca

Tamén len... cos candidatos/as á alcaldía

Tamén len... cos candidatos/as á alcaldía
O xoves 7 de maio recibimos noTamén Len aos candidatos/as á alcaldía de Salceda, co lema: A lectura... o noso compromiso!
A idea foi unir aos diferentes candidatos ás próximas eleccións municipais baixo o lazo da lectura, nunha sesión onde cada un deles elixiu un libro que compartir e recomendar ao alumnado e despois debater un rato sobre libros, filmes, a escola...
Os nosos invitados/as foron:
 
-Marcos Besada, o actual alcalde que se presenta por Movemento Salceda
-Verónica Tourón, que se presenta polo PSOE
-Santiago Rodríguez, que se presenta polo PP
-Julio César Ares, que viu en representación do BNG, en ausencia da candidata Mónica Vizcaya que non puido asistir.
 

 

Tamén len... en marzo con Pablo

Tamén len... en marzo con Pablo

O pasado venres 10 de abril tivemos un "Tamén Len” moi teatral. Visitounos Carla Pérez, secretaria do alcalde de Salceda, que encheu a nosa biblioteca Calixtina de perrucas, traxes coloristas, e variados obxectos para escenificar a obra “O chourizo enmascarado” de José Cedena.
 
Algúns profesores víronse obrigadoS a colaborar, representando algún dos personaxes da obra, o que fixo que a risa dominase ao público asistente, en parte polo enredo da obra, en parte polo feito de ver a algúns dos seus profesores na pel de personaxes estrafalarios como un ladrón, un arxentino, a súa muller e a súa filla, que seica namorou do ladrón... Situacións absurdas para un “tamén len” orixinal, habituado a moverse entre o verso e a prosa dos relatos, que esta vez adoptou a linguaxe e os códigos dramáticos buscando facer da lectura algo dinámico, divertido e participativo.

Exames de Pendentes do mes de maio

CALENDARIO DE EXAMES DE PENDENTES DE CURSOS ANTERIORES

Recordámosvos que os exames de materias pendentes de cursos anteriores correspondentes á convocatoria de xuño terán lugar do 25 ao 29 de maio tal e como se indica no horario adxunto. Como xa sabedes a principios de curso se lle deron a cada alumno/a as indicacións e o material necesario para preparar ditos exames.

Insistimos na importancia de preparar estas probas xa que para acadar o Título da ESO,  salvo excepcións, hai que ter aprobadas todas as materias de todos os cursos da etapa. Para calquera outra información non dubidedes en poñervos en contacto connosco.

 

        CALENDARIO DE EXAMES DE MATERIAS PENDENTES

DÍA

MATERIA

HORA

AULAS

LUNS 25

PLÁSTICA

9:20/10:10

Plástica

INGLÉS

10:10/11:50

Salón de actos

EDUCACIÓN FÍSICA

12:20/13:10

Pavillón

MARTES 26

CCNN / BIOLOXÍA

10:10/11:50

Salón de actos

TECNOLOXÍA

12:20/14:00

Salón de actos

MÉRCORES 27

LINGUA CASTELÁ

8:30/10:10

Salón de actos

FÍSICA QUÍMICA

10:10/11:50

Salón de actos

LINGUA GALEGA

12:20/14:00

Salón de actos

XOVES 28

MÚSICA

9:20/10:10

Aula de Música

CCSS/ CIDADANÍA

10:10/11:50

Salón de actos

VENRES 29

RELIXIÓN

9:20/10:10

Salón de actos

MATEMÁTICAS

10:10/11:50

Salón de actos

FRANCÉS

12:20/14:00

Salón de actos

 

                                    Salceda de Caselas, 13 de maio de 2015

 

A DIRECTORA

 

Asdo.: María José Espiñeira Costa

Cabalo de Pedra: Torneo de inverno

Cabalo de Pedra: Torneo de inverno

Xa temos gañadores do Torneo de Inverno de xadrez, o primeiro da tempada no noso IES: unha vez máis o profe Juan Carlos fíxose coa victoria, quedando en segundo lugar, nun triple empate, Anabel Besada, Jose Kevin Guillade e Christian Lamas. Noraboa a todos.

En breve comezaremos o Torneo de Primavera.

Tamén aproveitamos para anunciar que nestes dous últimos meses teremos, todos os martes, un curso de xadrez para os alumnos/as interesadas.

Ruta literaria: "O alento nas costas"

Ruta literaria: "O alento nas costas"

O luns 13 de abril os alumnos/as de 3º da ESO foron de ruta literaria por Rianxo e os seus arredores seguindo as pegadas de Natalia Carou, autora do libro "O alento nas costas", que previamente leran na clase. Toda unha aventura, e moi interesante compartir vivencias coa propia autora nos mesmos lugares onde transcorren os feitos.

Lección de vida

Lección de vida

O pasado 17 de marzo catro xeracións sentaronse no escenario do salón de actos do noso instituto. Emilia Perez, que aos seus cen anos de idade é a muller máis lonxeva de Salceda de Caselas, acudiu acompañada pola súa filla, a súa neta Beatriz e a súa biznieta Paloma, que é alumna do centro. O departamento de Orientación organizou esta actividade para conmemorar o Día da Muller Traballadora e ofrecer aos alumnos/as a testemuña viva dunha veciña loitadora. Os estudantes escoitaron con moita atención as anécdotas de Doña Emilia, que foi capaz de sacar adiante a súa familia nos duros tempos da posguerra.

Powered by Drupal - Design by artinet