2017/18

Mutis polo foro: "Río Bravo"

O xoves 21 de xuño, en doble pase, o alumnado do grupo de teatro escolar "Mutis polo foro" homenaxearon ao xénero do "wenster" en clave cómica coa representación dunha das máis exitosas obras teatrais galegas de finais do século pasado: "Río Bravo" adaptación da compañía profesional "Chévere".

Despois de ensaios durante meses a representación foi todo un éxito e o público pasouno en grande debido ao alto nivel dramático das nosas actrices e actores.

Relación libros texto 2018/19

Podedes consultar a relación de libros de texto para o vindeiro curso no arquivo adxunto.

Calendario exames de setembro e información de interés

 

CALENDARIO DE SETEMBRO

Ø  Exames de setembro: 3 e 4 de setembro 

Ø  Entrega de notas: 6 de setembro ás 10:00 horas. As notas entregaranse aos alumnos/as, os pais/nais que acompañen aos seus fillos ESPERARÁN NA PLANTA DE ABAIXO. No caso de que algún alumno/a non poida acudir e sexan os pais os que recollan as notas acudirán ás 13:00 h.

Ø  Devolución de libros de texto: ata o 7 de setembro. Os libros deben estar en BO ESTADO.

Ø  Período de reclamacións de notas: 7 e 10 de setembro

Ø  Prazo de matrícula extraordinario: ata o 10 setembro

Ø  Primeiro día de clase: 17 de setembro: Horario de 10:30 a 12:00.

Ø  Horario normal de 8:30 a 14:00 h. a partir do día 18 setembro

 

NON HABERÁ TRANSPORTE ESCOLAR durante os exames de setembro

CALENDARIO EXAMES DE SETEMBRO


O centro permanecerá aberto durante todo o mes de xullo, pechado en agosto e reanudará a súa actividade o 1 de setembro polo que si precisades calquera información non dubidedes en poñervos en contacto connosco.

Aproveitamos para agradecer a vosa colaboración e desexarvos que pasedes un bo verán.

 

Salceda de Caselas, 12 de xuño de 2018

A DIRECTORA

Representación teatral de A princesa e o labrego

Un grupo voluntario de profesoras (Celia, Loli, Rosa, Libertad, Patricia e Chus) e de profesores (Juan Carlos, Fernando e Rubén) ensaiaron esta obra de teatro para poder representarlla ao alumnado e ao resto da comunidade educativa o luns 18 de xuño a modo de clausura do curso. 

No acto púidose contar coa presenza da autora no primeiro pase e coa concelleira de educación, Teresa Pérez, no segundo pase.

 

Representación teatral de Anagnórise

Representación teatral de Anagnórise

O venres 8 de xuño, o alumnado de 3º e 4º asistiu á representación teatral de Anagnórise no salón de actos do instituto, obra baseada no libro de María Victoria Moreno que o alumnado xa lera previamente.

O espectáculo foi interpretado por Limiar Teatro. Esta representación forma parte da programación teatral que, baixo o título María Victoria Moreno a escena!, o Departamento provincial de Cultura e Lingua leva por todos os concellos da provincia de Pontevedra.

 

LERIAS

 

"Os cinco de sempre" son: Alejandro Portela, Laura, Antía, Miguel e Diego de 2º C, do curso de oratoria. Neste programa fálannos de posibles preguntas hipotéticas que nos podemos facer nalgún momento da nosa vida. As respostas que nos dan poden servir, ou non, para sacarnos dalgunha dúbida.
LERIAS sen máis!

ORATORIA- CURSO DE RADIO

Neste curso escolar, 2017-2018 inauguramos dentro do obradoiros de 1º e 2º da ESO, o curso de oratoria.

E dende o IES Pedras Rubias centrámonos na radio escolar, dado que temos unha emisora radiofónica á disponibilidade dos nosos alumnos/as.

Dende Ondarraia emitimos todos os recreos en directo cos grupos que se anotan, voluntariamente, ao principio do curso.

E este curso ofrecemos un onradoiro de oratoria, adentrámonos un pouco máis a fondo neste medio de comunicación traballando diferentes aspectos como: a vocalización, a pronuncia, a lectura de textos adaptados, a entoación, o discurso, os tipos de voz, o tono, o ritmo ,as cadencias, pausas, a preparación de guións, etc...

Estratexias para a capatación dos oíntes  e para preparar ao alumnado cara unha boa proxección radiofónica e soltura ante os micrófonos.

Tamén realizamos dende este taller o programa especial do día Mundial da radio, que se celebra o 13 de febreiro e que a UNESCO poon lema universal e ten en conta un apartado especial para as escolas.

Algúns destes guións podédelos escoitar en "escoita ondarraia".

Convidámoste a pasar e disfrutar desta ventá radiofónica de ONDARRAIA!!

Mundo Milenial- oo mundo dos videoxogos

"Mundo milenial "son catro rapaces de 2º da ESO, formado por Gabriel Besada, Jonathan Pérez , Iago Sanchez e Víctor Soares, do curso de oratoria do IES Pedras Rubias.
Neste programa verémonos sumerxidos no mundo dos videoxogos.

Ata onde chega a realidade e a fantasía?

Powered by Drupal - Design by artinet