Tamén len

Tamén Len 100

O xoves 13 de febreiro de 2020, no salón de actos do instituto, e ante máis de 200 alumnos/as tivo lugar a sesión número 100 da actividade denominada “Tamén Len”.

                     Podedes consultar toda a información sobre o acto no seguinte enlace do Blog da Biblioteca Calixtina.
               

TAMÉN LEN: OUTUBRO 2018

TAMÉN LEN: OUTUBRO 2018
Coa fin de conmemorar o día das Bibliotecas Escolares, o mércores no recreo veu visitarnos Ángeles Collazo, profesora e encargada da biblioteca do colegio de primaria Altamira. 
 
Ángeles leunos un fragmento da obra de Gabriel García Márquez Cien años de soledad.
 
Máis información no Blog da Biblioteca Calixtina.

Tamén len... fin de curso

Tamén len... fin de curso

Neste curso 16/17 celebramos o décimo aniversario dunha das actividades máis queridas do noso instituto, o Tamén Len, esa media horiña mensual na que nos visita xente do arredor e comparte con nós a lectura dalgún libro que lles emocione especialemente. Pera superada esa celebración tan emotiva continuamos cos nosos invitados mensuais. Neste remate do curso tivemos uns invitados especiais: algúns dos profesores e profesoras que tantos anos pasaron neste instituto e que ben por xubilación ou ben por traslado de centro, nos abandonaron o curso pasado. Aquí vos deixamos enlace ao blog da biblioteca onde detallamos as súas visitas. Tamén nos lembramos de Rubén Fandiño, exalumno que nos visitou no mes de abril.

Tamén Len: Mª José e Luis Alonso

Tamén Len: Susana e Elisa

Tamén Len: Rubén Fandiño

Maratón de lectura

Maratón de lectura

O venres 19 de maio celebrouse o tradicional maratón de lectura. De 9 a 14 horas, na biblioteca Calixtina, leuse o libro “Vento ferido”, coincidindo coa celebración das Letras Galegas, dedicadas este ano a Carlos Casares. Ao longo da mañá completáronse catro voltas do libro, na que foron participando alumnos, alumnas e profesores. Como noutras edicións cada participante recibiu un diploma que o acreditaba como participante no maratón deste ano. Como todos os anos o maratón estivo supervisado polo noso primeiro bibliotecario, Jose Luis.

Tamén len... no Faro de Vigo

O Faro de Vigo do 25 de febreiro de 2017 recolleu nas súas páxinas o dez anos de lecturas celebradas na Calixtina. Aquí vos deixamos o artigo.

Tamén len... en marzo con Alba

Tamén len... en marzo con Alba
 Pasados os fastos dos dez anos de vida do Tamén Len recuperamos neste mes de marzo as nosas lecturas mensuais coa visita da exalumna Alba Urceira, que tan unida estivo á Biblioteca Calixtina nos seus anos de estudante, e do que garda moi boas lembranzas.
 
 Alba escolleu o libro de Reyes Monforte Besos de arena, do que nos leu o primeiro e o último capítulo, onde aparece o personaxe de Laia unha rapaza saharauí que vén estudar a España.
 

Dez anos do Tamén Len

Dez anos do Tamén Len

O martes 15 de febreiro tivo lugar unha sesión moi especial do Tamén Len. Celebrábamos dez anos do inicio desta actividade a prol do fomento da lectura, converténdose nunha das actividades máis queridas no noso institiuto. Toda a información no blog da Calixtina.

Tamén len... en xaneiro con Leticia

Tamén len... en xaneiro con Leticia

O xoves 26 de xaneiro tivemos unha sesión do Tamén Len... moi  musical, cunha invitada moi elegante. Leticia Calvo, exalumna de Altamira, psicóloga de profesión, e filla do noso querido excompañeiro e primeiro bibliotecario da Calixtina, Jose Luis Calvo.

Máis información no blog da Calixtina

75 edicións do tamén len

75 edicións do tamén len

Neste mes de novembro seguimos a sumar invitados/as a nosa biblioteca Calixtina,  que veñen a ler, tamén a conversar, co noso alumnado contribuíndo a difundir o gusto pola lectura, un dos piares fundamentais que defendemos dende o IES Pedras Rubias.

Neste mes de novembro visitounos a nutricionista María López que  facía a invitada número 75, seguimos a crecer mes a mes, e xa pronto celebraremos os 10 anos dende que arrancou esta actividade no instituto, unha das máis arraigadas.

Podes consultar todos os detalles da visita de María no seguinte enlace do blog da Calixtina.

E despois dunha edición tan simbólica, e como postos a ler non hai pausa, chegou, xa no mes de decembro o seguinte invitado, desta volta o Concelleiro de Facenda de Salceda de Caselas, José Luis González, máis coñecido como "Sito". Consulta todos os detalles da visita na Calixtina.

 

Feliz 2017

Feliz 2017

Comezamos un novo ano con moitas ganas de seguir a traballar con ilusión e entusiasmo para que o ensino de Salceda mellore ano a ano.

Comezamos este ano coa celebración das tradicionais campanadas coa presencia dun amigo do IES Pedras Rubias. David Amor participou nas campanadas de fin de ano na Televisión de Galicia. Deixámosvos un enlace onde podedes lembrar a visita que David nos fixo non hai moito.

DAVID AMOR NO TAMÉN LEN

Powered by Drupal - Design by artinet