O pasado 7 de xuño tivo lugar na biblioteca a entrega de premios ás gañadoras deste concurso.
O alumnado participante tivo que presentar un marcapáxinas que por un lado tivese unha ilustración que fixese referencia a Antón Fraguas Fraguas, e polo outro lado, unha cita do mesmo autor.
E unha vez máis, tal como xa nos teñen acostumados, as irmás Álvarez Ramírez de 4º ESO resultaron as vencedoras:
-
1º PREMIO: Ariadna Álvarez Ramírez (4º C)
- 2º PREMIO: Yashira Álvarez Ramírez (4º B)
Noraboa e grazas pola vosa participación.